Como atender sanitariamente a enfermidade da desnutrición

Expertos en desnutrición participarán o 14 de maio nunha xornada en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

Expertos en desnutrición participarán o vindeiro martes 14 de maio en Santiago de Compostela na xornada 'Loita contra a desnutrición relacionada coa enfermidade na asistencia sanitaria en Galicia'.

Segundo informa a organización da xornada, en España a desnutrición relacionada coa enfermidade (DRE) afecta a uns dous millóns de persoas e que presentan un de cada catro pacientes hospitalizados ao ingreso, especialmente pacientes maiores ou con enfermidades oncolóxicas, respiratorias ou cardiovasculares.

"A desnutrición é unha realidade clínica e asistencial que atrasa a recuperación dos pacientes, prolonga as estancias hospitalarias e incrementa en máis dun 50% o custo asociado a cada paciente", explican.

No encontro, que está previsto inaugure a partir das 9,30 horas do próximo martes o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participarán implicados na mellora da calidade asistencial dos pacientes galegos e de optimizar a abordaxe da desnutrición a todos os niveis no marco do modelo asistencial da xestión integrada de Xunta de Galicia.

Durante a xornada, autoridades sanitarias e profesionais clínicos avaliarán a situación actual da desnutrición en Galicia, "comunidade pioneira ao sumarse á estratexia da Alianza máis nutridos", destacaron, e incluír a determinación básica de parámetros de desnutrición nos contratos de xestión dos principais hospitais galegos.

Laboratorio do Grao en Nutrición Humana e Dietética da Universidade de Santiago de Compostela
Laboratorio do Grao en Nutrición Humana e Dietética da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta