Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/08/2024 | Actualizada ás 18:52
O PPdeG mostrou o seu rexeitamento ao plan do Goberno para limitar o consumo de peixe nos centros educativos, despois de que hai uns meses o Executivo central avogase por revisar o consumo de peixe con potenciais altos contidos de mercurio nos comedores escolares.
Os populares apuntan "ao malestar do sector pesqueiro ante a norma na que traballa o Ministerio de Consumo e que establecería unha pauta dunha a tres racións por semana e só una ao mes de rebozado". "Non logramos entender por que o Goberno de Sánchez se empecina en non buscar solucións ao descenso do consumo de peixe e en tomar o camiño erróneo", sosteñen os populares.
A través dos seus senadores na Cámara Alta, que prometen "dar a batalla" contra este plan, os populares galegos aseguran que a proposta choca cos estándares establecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS).
Engaden tamén que vai no sentido "completamente oposto" aos informes emitidos polo do comité científico da Axencia Española Alimentaria e Nutrición, "que recomendan o consumo de tres ou máis racións semanais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.