Unha mostra fotográfica pon en valor a raza 'Can de Palleiro' en Verín

A mostra, que poderá ser visitada durante todo o mes de novembro no Auditorio Municipal, inclúe unha coidada selección de imaxes que amosan a singularidade desta raza autóctona en perigo de extinción.

Por Galicia Confidencial | Verín | 06/11/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Auditorio Municipal de Verín acolle dende este luns 4 de novembro unha exposición fotográfica dedicada á raza autóctona galega Can de Palleiro. Esta iniciativa, organizada polo Club de Raza Can de Palleiro en colaboración co Concello de Verín, ten como obxectivo sensibilizar e poñer en valor esta raza canina galega en perigo de extinción, destacando o seu papel histórico e cultural no medio rural de Galicia.

Daniel Conde e Samantha Barreiro. Foto: Prensa Concello de Verín.
Daniel Conde e Samantha Barreiro. Foto: Prensa Concello de Verín.

A través das fotografías, o público poderá coñecer as características físicas e o temperamento desta raza, recoñecida pola súa fidelidade, intelixencia e capacidade de traballo.

Daniel Conde, presidente do Club de Raza Can de Palleiro estivo presente na inauguración, explicando o labor desenvolvido para a conservación e promoción desta raza. Por outra banda, Samanta Barreira, concelleira de Turismo, Cultura, Festexos e Conservatorio, agradeceu o uso do Auditorio de Verín como espazo expositivo para dar visibilidade á esta raza autóctona galega e destacou "a importancia de preservar esta raza emblemática como parte do legado cultural e natural da nosa terra".

HORARIOS DE VISITA

A exposición estará aberta ao público no Auditorio de Verín de luns a venres en horario de 16  a 21 horas durante todo o mes de novembro. O acceso é gratuíto e está dirixido a todas as idades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta