A investigación comezou a finais do pasado ano despois de que os axentes tivesen coñecemento de que había varios puntos de venda de droga en zonas próximas a colexios.
  comenta   0
Baixo o lema "O Noso, Sempre", o cartel simboliza o orgullo e a fidelidade ás tradicións do Entroido de Verín. O autor é Álex Araújo, artista local coñecido como "axtriplicado".
  comenta   0
O Concello vén de recibir unha subvención de 663.994,76 euros para mellorar a EDAR e a rede de saneamento da comarca, e unha subvención de 710.821,10 euros concedida pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia para a creación dunha nova gardería pública.
  comenta   0
Celebrarase os días 6, 7 e 8 de decembro na Praza García Barbón. Haberá 13 expositores locais e o resto virán de diferentes lugares de Galicia, Castela e León e Portugal.
  comenta   0
A mostra, que poderá ser visitada durante todo o mes de novembro no Auditorio Municipal, inclúe unha coidada selección de imaxes que amosan a singularidade desta raza autóctona en perigo de extinción.
  comenta   0
A peza teatral, protagonizada polo cómico e bufón de sona internacional, chega ao Auditorio de Verín o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas.
  comenta   0
O evento, que se celebra os días 11 e 12 de outubro, conta con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación. “The Tetas Van” e “Gin Toni´s”, ofertas musicais da festa.
  comenta   0
Días atrás asinaron un convenio no que reparten diferentes aspectos do evento. O evento celebrarase do 9 ao 11 de agosto.
  comenta   0
Máis de 200 riders daranse cita os días 27 e 28 de abril no monte Montemaior en Cabreiroá para competir na 'Copa de España DHI Pozo do Demo 2024'.
  comenta   0
A productora Canary Pixel impartirá no Auditorio o seminario de interpretación "O Actor Orgánico". Desenvolverase do 26 ao 28 de abril e preséntase como unha oportunidade de alto valor para os participantes.
  comenta   0
Desenvolverase do 29 de agosto ao 8 de setembro e presentará moitas novidades, segundo afirma o seu director, Carlos Montero.
  comenta   0
O concello vén de presentar o Cartel Oficial do Entroido 2024, creación dunha deseñadora local, e a campaña publicitaria que dende a área de Cultura e Festexos "potenciará e revalorizará os valores" desta celebración.
  comenta   0
Mikel Lejarza, tamén coñecido como "Lobo", participará o venres 26 de xaneiro nunha táboa redonda na que estará acompañado de Fernando Rueda e o xuíz Vázquez Taín, coordinador das xornadas.
  comenta   1
O obxectivo desta reunión foi dar inicio ao proceso de elaboración do Diagnóstico Estratéxico sobre a situación do turismo en Galicia.
  comenta   0
Será os días 8, 9 e 10 de decembro e contará con vinte e sete postos temáticos de artesanía, decoración e alimentación. O recinto contará tamén con animación musical e actividades para a cativada.
  comenta   0
'Novas ruralidades. Un futuro novo e prometedor' comezou este venres 24 e rematará o 25 de novembro; dúas xornadas nas que os participantes compartirán e descubrirán aquelas oportunidades que ofrece a contorna rural de Chaves e Verín para o futuro das novas xeracións.
  comenta   0
Será o 24 de novembro e está organizada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) en colaboración co Conservatorio Profesional de Música e a área municipal de Cultura, Festexos, Turismo e Conservatorio do concello.
  comenta   0
O concerto será este venres e corre a cargo da banda Jimenos Band ás 20:30 h. no Auditorio Municipal, mentres que o magosto terá lugar o sábado 11 de novembro.
  comenta   0
O Concello de Verín promove anualmente, e desde o ano 1997, actividades formativas para axudar e orientar na elaboración do traxe e a máscara de Cigarrón, figura emblemática do seu entroido.
  comenta   0
Os días 13 e 14 de outubro, o concello celebrará a III edición deste evento que contará con máis de 20 variedades de cervexas nacionais e de importación. Tamén haberá unha extensa oferta de produtos gastronómicos, animacion infantil e actuacións musicais.
  comenta   0
Unha gala de clausura no Auditorio Municipal de Verín, e presentada polo actor Manuel Cortés, puxo o punto final á edición deste ano. Curtas de Grecia, Suecia e Portugal recibiron algúns dos premios dentro das categorías oficiais a concurso.
  comenta   0
Os axentes instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria. Ademais, formulouse denuncia por circular cun vehículo tendo presenza de drogas no organismo.
  comenta   0
Aconteceu o pasado sábado, 9 de setembro, co pase da súa obra 'Encerrona' no marco do Festival de Curtametraxes FIC Vía XIV.
  comenta   0
A Biblioteca Municipal do concello vén de crear un fondo bibliográfico tanto en lingua árabe como en castelán sobre a cultura, literatura e outros aspectos xerais que profundizan e recoñecen o valor do mundo árabe e o seu desenvolvemento en diferentes manifestacións culturais. Esta iniciativa contribuirá a satisfacer o interese crecente de usuarias e usuarios árabes.
  comenta   0
Grazas a esta nova sección oficial a cativada da comarca poderá ver catro curtas programadas especialmente para eles e alas. Será a mañá do 14 de setembro.
  comenta   0
Tamén se acordou unha orde de afastamento e prohibición de comunicación coa nai das menores, exparella do investigado.
  comenta   0
A localidade de Verín acollerá, do 11 ao 13 de agosto, unha nova edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.
  comenta   0
As 'III Xornadas de Música Tradicional Nova Era' enchen as rúas de Verín de actividades para todos os públicos. No transcurso das mesmas acadouse un record mundial coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento, concretamente a gaita.
  comenta   0
A imaxe gráfica deste ano é obra de Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do certame que terá lugar entre o 8 e o 17 de setembro. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín sortearán entradas e os comercios asociados participarán nun concurso de decoración de escaparates.
  comenta   0
Os días 28 e 29 de xullo Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión.
  comenta   0
A súa iniciativa "Voluntariado cultural con rapaces/as para o fomento da lectura" vén de ser premiado con 2.772,22 euros para mercar libros e publicacións. O premio está financiado polo Ministerio de Cultura e Deporte.
  comenta   0
A Audiencia deu credibilidade ao testemuño da vítima, que renunciou a reclamar indemnización algunha, fronte ás "lagoas e contradicións" do acusado.
  comenta   0
Os feitos remóntanse a novembro de 2017, cando o home, supostamente, abusou da menor no interior do seu vehículo, nun monte comunal de Verín.
  comenta   0
Trátase dun festival temático que busca dinamizar e poñer en valor a percusión, pero tamén darlle un enfoque pedagóxico coa participación de diferentes conservatorios da provincia de Ourense. Desenvolveráse na vila do Támega do 19 ao 21 de maio. O sábado 20 estará en concerto Odaiko Percussion Group.
  comenta   0
Entre o 12 e o 19 de maio haberá contacontos, música, a proxección dun documental e a gala musico-literaria das Letras Galegas o 17 de maio no Auditorio Municipal. Ata xullo a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a exposición "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego", realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia.
  comenta   0
O tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo Moura, reuniuse días atrás con Hugo Salgado, organizador da quinta edición deste evento, para coñecer de primeira man todas as novidades. O festival será os días 25, 26 e 27 de agosto.
  comenta   0
Será o vindeiro luns 1 de maio, na Praza da Alameda, e haberá dez centros de ensino e asociacións participantes que amosarán os seus traballos florais. Os mesmos colectivos participaron tamén na elaboración de coplas, editadas polo concello, que se poderán mercar con fins solidarios.
  comenta   0