Por Galicia Confidencial | Verín | 14/04/2024 | Actualizada ás 11:35
Este seminario, que se desenvolverá do 26 ao 28 de abril e que está organizado por A Caja de Pandora en colaboración do Concelllo de Verín, diríxese a actores con experiencia que desexen profundar na súa técnica interpretativa. Será impartido pola produtora Canary Pixel e ofrece unha aproximación nova e práctica ao arte da actuación. Desde a exploración das emocións máis sutís ata a interpretación de personaxes complexos, "O Actor Orgánico" promete levar aos participantes a unha viaxe de descubrimento e crecemento no mundo da interpretación.
O primeiro día do curso estará dedicado á revisión de fundamentos do arte dramático, tipos de conflito, conceptos de dramaturxia e xéneros teatrais e cinematográficos. Ademais, introducirase o concepto de actuación neutra e explorarase a transición cara a unha interpretación orgánica, baseada nunha conexión emocional profunda.
O segundo día centrarase na fluctuación emocional, con análise de personaxes, exercicios prácticos e improvisacións que permitirán aos participantes explorar a complexidade da narrativa emocional. Gravarase e visualizaranse os exercicios para unha avaliación técnica detallada.
O terceiro e último día do seminario abordará o conflito emocional interno, profundizando en como construír unha narrativa emocional complexa e enfrontarse aos desafíos internos dos personaxes.
Para máis información e reservas, os interesados poden contactar con Canary Pixel Productions no teléfono 663 504 644
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.