'O Noso Canto': unha homenaxe á forza do feminismo galego

A campaña do 8M reúne a mulleres de diversas xeracións no mundo da música e a cultura.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/03/2025 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A Xunta lanzou este sábado 'O Noso Canto: todas xuntas resoamos máis forte', unha campaña con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e na que participaron máis de 30 artistas galegas.

En concreto, trátase dun proxecto cultural en que reuniu a máis de 30 artistas galegas, e un equipo de produción composto na súa totalidade por mulleres, para dar visibilidade á "forza interxeneracional do feminismo a través dun único sentir, a igualdade de xénero real e efectiva".

Segundo detallou o Goberno galego nunha nota de prensa, 'O Noso Canto', composta por Belém Tajes, xorde da unión de dúas cancións, 'Aperta' e 'Latexo'. Esta última conta coas voces principais de Yoly Saa e Sabela Ramil, pero tamén participan de forma coral Nastashia Zürcher, Catuxa Salom, Carolina Rubirosa, Leticia Rei, Icía Varela, Sara Nebra, Claudia Abril, Ana Moas, Sara Gimeno. Ademais, súmanse Amelia, Aitana, Aroa, Celtia, Grecia, María e a propia Belém Tajes.

'Aperta' conta coas voces de Rosa Cedrón, Uxía Senlle e Lucía Pérez, e os sons de pop folk de Caamaño&Ameixeiras (acordeón e violín), Bea Martínez (arpa céltica), Anaïs Barbier, María Jorge do grupo Caldo (pandeireta e violín) e catro das integrantes de Adufeiras de Salitre (Bea Mariño, Carolina Vázquez, Iria López e María Pardo).

Con todo, o proxecto tamén conta coa colaboración especial de Genara Méndez, unha das cantareiras de referencia da cultura tradicional galega, en representación de todas as mulleres que serán homenaxeadas o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Despregamento dunha pancarta na Delegación do Goberno con motivo dos actos do 8M. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Despregamento dunha pancarta na Delegación do Goberno con motivo dos actos do 8M. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta