O traballo inclúe un segundo disco nomeado Apocalipse NAO, que recolle gravacións inéditas tanto da banda coma de persoas achegadas á mesma.
  comenta   0
A cantante galega, participante en OT, saca ‘Despedida‘, primeiro single dun título homónimo que sairá á venta o vindeiro 29 de novembro. O nome de Bravos, na súa Ourol natal, aparece en varias ocasións. Testemuña a importancia da terra para Sabela Ramil, a autora dunha obra con temas propios -en castelán e en galego–. "Supoño que pode parecer unha posible contradición, pero para min Bravos é un lugar seguro", asegura nesta entrevista.
“Escóitoas por derradeira vez, van voando atopar outro querer. Escoito o que canto mentras aprendo a cantar o que escoito. Dende agora, con elas, todo comeza a arder”. Así canta Sabela, en galego, no primeiro single do seu novo disco ‘Despedida’.
‘Hoy soñaré‘, a canción que defenderá a galega, é unha balada pop con toques étnicos, é obra de Jesús Cañadilla e Alejandro del Piñedo.
"Para min é natural o respecto e o valor das culturas como un eixo de unión das persoas e non de sesgo", apunta a finalista de Operación Triunfo, que ademais é unha activista do tecido asociativo a través dos Aturuxeiros. "É unha parte máis da miña vida. Loitar porque o rural, a cultura e a comunidade se manteñan vivos é un aspecto importante para a calidade de vida e a saúde da nosa sociedade", asegura nesta entrevista no Xornal da Mariña.
Desejava de te ver, trinta dias cada mês cada semana o seu dia e cada dia umha vez.(*) (*) Tris tras- Marful
  comenta   0
Mary Riveram nai da cantante, recoñece que a moza tardará en darse de conta do acadado e de como motivou a boa parte da sociedade galega, incluso a moitos detractores de OT. O primeiro que lle pediu ao saír foi "un caldo galego"
A cantante das Pontes quedou en cuarta posición en 'Operación Triunfo", pero centos de usuarios de redes espallaron a mensaxe "Sabela xa gañou" polo seu uso do galego no concurso de TVE.
  comenta   1
A cantante galega obtivo o 12% do apoio do público nunha final apertadísima, na que o programa decidiu que cantara de última.
"O galego non ten que ser un obstáculo, senón que pode ser unha panca" para o éxito e para que se valore no resto do mundo. O presidente da Agal e mais o secretario da RAG valoran moi positivamente as implicacións do compromiso lingüístico que mostra a pontesa neste concurso de música. O mércores aspira a converterse na gañadora da edición e farao cunha canción en galego, a terceira que interpretará no noso idioma durante a súa estadía no programa.
  comenta   3
A vocalista galega obtivo o 64% dos votos do público, o que supuxo a eliminación de Marta, a outra concursante nominada.
A familia da moza de orixe ourolesa, nominada xunto a Marta, chama a participar nun acto convocado para o mércores en Viveiro
A cantante galega salvou a gala 9 do programa, no que continuará alomenos dúas semanas máis.
O xurado destacou a "versatilidade" da cantante pontesa, que volveu a situarse entre os tres concursantes favoritos do público unha semana máis.
A cantante pontesa con raíces na Mariña lucense, Sabela Ramil, seguirá na academia de Operación Triunfo despois de solventar a ameaza de expulsión do concurso cunha canción en galego, Benditas Feridas, de Rosa Cedrón.
A moza das Pontes, con familia en Viveiro e Ourol, agradece as numerosas mostras de apoio do público galego.
Ramil será a única representante galega no certame. Pasou interpretando a canción de Juan Luis Guerra, ‘Bachata Rosa‘.