Por Galicia Confidencial | Verín | 10/11/2023 | Actualizada ás 17:20
O mellor tributo a Sabina segundo a crítica especializada chega a Verín. Trátase de Jimenos Band, grupo que está de xira por Galicia ata o domingo. O sábado estarán En Cangas e o domingo na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Desde 2009 realizaron máis de 1000 concertos a nivel nacional e internacional, avalados polo mesmo Sabina e no 2022 realizaron un sinfónico xunto á banda municipal de Úbeda, na praza de Touros.
A banda está formada polos irmáns Jimenos e outros grandes músicos do panorama actual, que fan posible un espectáculo 100% en vivo e en directo, e con moito humor que repasa a carreira do mestre xienense.
MAGOSTO
O sábado, 11 de novembro, o Concello de Verín celebrará o seu magosto popular na Praza Maior da vila.
Segundo confirmou Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras, os asistentes ao evento, que comezará ás 19:30 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa con foliada a cargo da Banda de Gaitas Municipal do Concello de Verín e da Banda de Gaitas Nova Era.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.