A peza teatral, protagonizada polo cómico e bufón de sona internacional, chega ao Auditorio de Verín o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas.
  comenta   0
O cartón emitirase nun prazo máximo de 60 días e deberá ser recoñecido en toda a Unión Europea como título para acceder ás condicións especiais de que gocen xa os nacionais do lugar de destino, nos servizos públicos e privados como no transporte, eventos culturais, museos, centros deportivos ou parques de atraccións.
  comenta   0
Os espectáculos de inauguración e clausura, 19 e 27 de xullo respectivamente, son "Dique" e "Iribarne", dúas pezas extraordinarias e avaladas pola crítica e xa teñen todas as entradas numeradas vendidas. Tan só quedan localidades sen numerar nos bloques 4 e 5 do Castelo.
  comenta   0
Festival de Xardíns, festival de danza, roteiros temáticos, deporte, xogos populares, Festa da Empanada, espectáculos infantís, festival RIR... encherán a axenda de veciños e visitantes que se acheguen á vila do Arnoia de aquí a setembro.
  comenta   0
Será a primeira vez na historia do festival que se lle concede a un colectivo de danza. As entradas individuais para os espectáculos desta edición, que se desenvolverá do 19 ao 27 de xullo, xa están á venda.
  comenta   0
Antitaurinos instan á Xunta de Galicia a non conceder permiso para a becerrada, argumentando que contraviñen normativas de benestar animal e leis de espectáculos públicos.
  comenta   0
A Asemblea de Cidades Patrimonio da Humanidade impulsa grandes eventos culturais para celebrar o seu XXX aniversario. Goretti Sanmartín asumirá a presidencia do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade o vindeiro 1 de xullo.
Os galardóns entregaranse o 5 de maio no marco da gala 'Fantastic Colofon', que terá lugar no marco das distintas propostas que incluirá o festival
  comenta   0
O concerto será este venres e corre a cargo da banda Jimenos Band ás 20:30 h. no Auditorio Municipal, mentres que o magosto terá lugar o sábado 11 de novembro.
  comenta   0
Durante o evento, no que colabora a Xunta de Galicia, haberá espectáculos, exposicións, talleres, lecturas dramatizadas, unha residencia artística e unha feira do libro galego, entre outras actividades.
  comenta   0
A música comezará a soar no Recinto Feiral de Pontevedra este mércores, 23 de agosto, cos concertos de Leiva e Iván Ferreiro, espectáculos que conformarán o preludio do Río Verbena Fest, que programa as actuacións de Trueno, Vetusta Morla, SFDK, Xoel López ou Dellafuente.
  comenta   0
O circuíto de 'Feiras do Libro' chega ao municipio coruñés con firmas de libros, espectáculos infantís, presentacións, concertos e talleres, entre outras propostas.
  comenta   0
Este 15 de xullo inaugúrase unha MIT que aposta polos Premios Revelación e as novas voces escénicas do panorama de todo o Estado. Haberá ata 6 actividades por día, con espectáculos de rúa, actividades paralelas e a convivencia entre artistas consolidadas e valores emerxentes e novidosos.
  comenta   0
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ofrece este ano unha 'ludoteca teatral' para que a cativada poda achegarse ao teatro mentres os seus pais e nais gozan dos espectáculos programados.
  comenta   0
"Os participantes teñen dereito a introducir comidas e bebidas do exterior, dado que a actividade principal destes eventos non é a hostalaría, senón a celebración de espectáculos musicais", explican dende a organización.
  comenta   0
Esta edición, busca "conservar" e facer de Galicia "un mar de contos". Desenvolverase do 1 ao 9 de xullo en Galicia e Portugal.
  comenta   0
A Feira de Artes Escénicas busca "favorecer a compra-venda de espectáculos de artes escénicas" con múltiples actividades para profesionais
  comenta   0
É a segunda vez que o Goberno galego aplica a cantidade máis baixa --a alta é de 30.000 euros-- por unha infracción grave da Lei de Espectáculos de Galicia.
  comenta   0
Tanto de empresas de nova creación como de montaxes de teatro, novo circo, maxia e danza, pasando por artes do movemento e a actividade escénica plurianual.
  comenta   0
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, a gran celebración das artes escénicas de Galicia, terá lugar do 30 de setembro ao 31 de outubro. Entre as novidades, a presenza o clow italiano e varias estreas absolutas como unha nova creación de Mofa e Befa e o espectáculo “Patrón” de Alberte Montes.
  comenta   0
O festival desenvolverase do 15 ao 24 de xullo aínda que os días 13 e 14 haberá xa actividades previas. Aquí podes acceder ao programa completo desta edición e á web onde se poden reservar entradas.
  comenta   0
O espectáculo de La Ocaband, con protagonismo da festa galega e o Camiño de Santiago, contará con intervencións de artistas convidados como Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Pili Pampín e Laura Añón. A estrea será este domingo 26 de xuño na Praza García Barbón.
  comenta   0
Un total de 14 espectáculos optan aos galardóns que se entregarán o próximo 2 de xuño no Teatro Rosalía da Coruña.
  comenta   0
A Asociación Cultural Xan de Arzúa vén de presentar a programación que durante 9 días de xuño traerá de novo a Allariz moita troula e preto de 50 actividades.
  comenta   1