42 espectáculos e 38 narradores marcarán o Festival Atlántica

Esta edición, busca "conservar" e facer de Galicia "un mar de contos". Desenvolverase do 1 ao 9 de xullo en Galicia e Portugal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/06/2023 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A undécima edición do Festival Atlántica de narración oral chegará a 24 concellos de Galicia e, por primeira vez, a Portugal, con 42 espectáculos de 38 narradores. A edición foi presentada este martes en Santiago de Compostela pola directora de Atlántica, Soledad Felloza, o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e polo deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

No acto, Felloza explicou que a proposta para este ano é "conservar", por iso no seu cartel hai unha lata de conservas. "Hai xente que é de conservar ideais, soños, de conservarse ben, pero nós decidimos conservar memoria", detallou. Así, indicou que este ano decidiron "ser clásicos, permanecer e conservar", pero que os espectáculos si que van ser innovadores e haberá pezas que se estreen por primeira vez en Galicia.

O deputado de Cultura da Deputación da Coruña, definiuno como un festival "singular e único", á vez que puntualizou sobre a importancia que ten para a "descentralización da cultura". "Que non quede nas cidades grandes, senón que percorra todos os recunchos de Galicia", esgrimiu.

O FESTIVAL

Presentación do Festival Atlántica
Presentación do Festival Atlántica | Fonte: Europa Press

O festival, que terá lugar do 1 ao 9 de xullo, celebrarase en Santiago de Compostela, Ferrol, Teo, Outes, Mugardos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Alfoz, Boiro, Cuntis, Dodro, Mondoñedo, A Coruña, Ourense, Vigo, Sanxenxo, Pobra de Trives, Brión, Carnota, Castro de Rei, Chantada, Paderne, Rianxo, A Estrada e, por primeira vez chega a Portugal, a Pitões Dás Júnias.

En total haberá 38 narradores, procedentes de Portugal, Cuba, Cataluña, Zamora e Galicia, con historias para públicos de todo tipo. Con todo, no programa figuran "dúas estreas absolutas e cinco estreas en España", así como varias pezas que se escoitarán por primeira vez en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta