A undécima edición de Galicia Escena Pro celebrarase do 27 ao 30 de maio en Santiago

O obxectivo é contribuír a dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, danza, novo circo e maxia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Galicia Escena Pro celebrará a súa undécima edición do 27 ao 30 de maio en diferentes escenarios e espazos ao aire libre de Santiago de Compostela. Así, o mercado galego das artes escénicas repetirá o modelo de organización compartida entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Escena Galega, Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, co obxectivo de contribuír a dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, danza, novo circo e maxia mediante catro días de actividade artística e profesional.

Na edición deste ano superou o medio milleiro de reunións na que participaron máis de 180 profesionais acreditados. Entre eles, acudiron a Santiago os responsables de 75 feiras, festivais, circuítos e espazos culturais de Galicia e de España e dun centenar de compañías galegas e empresas de produción e distribución. Ademais, segundo informou a Xunta, como en anos anteriores a carteleira de espectáculos tamén se abriu ao público xeral, sumando case 2.700 espectadores.

Este programa de exhibición de montaxes en formato completo, xunto co das presentacións tipo 'pitching', volverá ocupar un lugar central na próxima edición, para o que está previsto que se abra a inscrición tanto de propostas artísticas como de profesionais a partir do mes de marzo.

Galicia Escena Pro 2019.
Galicia Escena Pro 2019. | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta