Por Galicia Confidencial | Ribadavia | 11/07/2022 | Actualizada ás 22:35
A unha semana da inauguración da 38 edición da MIT de Ribadavia, dende a organización lembran que xa se poden mercar entradas na sede do festival, na entrada da Praza Maior de Ribadavia, en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 20:30 h.
Tamén, para quen o desexe, existe a posibilide de acceder á compra online de entradas na seguite páxina web: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/minisite/100
Antes da inauguración, que será o venres 15, haberá dous días preMIT. O día 13 no que haberá unha actuación do teatro afeccionado, Teatro do Vilar, con O meu Toc, dirixidos polo actor Jouse García. A función será ás 23:00 h. no Castelo. O xoves 14 terá lugar a presentación do libro Profetas, de Ernesto Is. Será ás 21:00 h. na Casa do Concello de Ribadavia.
AFOROS SEN RESTRICCIÓNS
A MIT 2022 comezará oficialmente o día 15, xornada inaugural que contará coa presenza de autoridades e na que se procederá á entrega dos Premios de Honra e Abrente. Tamén haberá un concerto a cargo da artista galega Sheyla Patricia ás 20:30 h. na Igrexa da Madalena.
Este ano a MIT conta con todas as gradas equipadas con butaca e aforos completos, así como con espectáculos de pago e de entrada libre en diferentes espazos ao aire libre.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.