Por Galicia Confidencial | Ribadavia | 26/06/2024 | Actualizada ás 09:00
A inauguración da 40ª edición da MIT de Ribadavia este ano 2024 estará marcada por un feito "simbólico e cargado de apoio e recoñecemento especial ao sector da danza e das artes do movemento", comentan dende a organización referíndose á entrega do 'Pemio de Honra da MIT 2024' a Nova Galega de Danza.
Nova Galega de Danza abre a programación con DIQUE, espectáculo de recente estrea, e recolle o Premio de Honra esa mesma noite. "Será un acto de reafirmación da comunidade ao traballo, constancia e novos rumbos de innovación marcados por unha compañía que pasou polo festival colleitando en dúas ocasións o Premio do Público nos últimos anos", engaden dende o equipo de traballo da MIT.
Na conta atrás para a celebración desta nova edición, o cartel destaca pola presenza de espectáculos diversos e sedutores para quen desexe atopar creación escénica contemporánea, híbrida e de alta calidade. Despois da venda de abonos, póñense tamén á venda os espectáculos individuais, tanto do Castelo coma do Club Artístico (estes últimos en sesión golfa, de carácter festivo e arredor do universo do Karaoke).
As entradas poden adquirirse na Praza Maior de Ribadavia, na sede do festival ou por internet en: ataquilla.com e mitribadavia.gal
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.