'Camiñantes e Cantantes' comeza a súa xira en Verín

O espectáculo de La Ocaband, con protagonismo da festa galega e o Camiño de Santiago, contará con intervencións de artistas convidados como Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Pili Pampín e Laura Añón. A estrea será este domingo 26 de xuño na Praza García Barbón.

Por Galicia Confidencial | Verín | 23/06/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Na presentación oficial do evento, que tivo lugar o 21 de xuño no Salón de Actos do Concello de Verín, participaron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza; e o director e productor do espectáculo e da canle de televisión A Nove, Carlos Alleres.

Presentación do espectáculo en Verín. Foto: Prensa Concello de Verín
Presentación do espectáculo en Verín. Foto: Prensa Concello de Verín

Segundo explicou Emilia Somoza, "La Ocaband consegue neste espectáculo que o público vaia camiñando, a través dos artistas galegos de todos os tempos, polas distintas rutas a Santiago de Compostela, guiados pola zona xeográfica do artista en cuestión, ou pola canción popular que se interpreta no momento: temas tan recoñecidos como fuxan os ventos ou A roda; ou artistas tan reputados como Juan Pardo ou Julio Iglesias, pasando por Cómplices, ou Siniestro Total, entre outros".

O ESPECTÁCULO

“Camiñantes e Cantantes” é un musical totalmente en galego, apto para un público familiar e de carácter gratuíto, que terá unha duración aproximada de 120 minutos e será gravado e emitido en directo a través da canle de televisión A Nove, que emite en TDT a través de todo o Eixo Atlántico. No caso de Verín será emitido vía streaming en directo a través da web desta canle de TV así como desde a web e RRSS Oficiais do Concello de Verín.

Trátase dun espectáculo que busca como elemento distintivo facer un percorrido moi particular pola festa galega co Camiño de Santiago de fondo

As cantantes Pili Pampín e Laura Añón estarán acompañando as voces da agrupación musical La Ocaband, mentres Pepo Suevos e Manuel Manquiña guiarán este espectáculo que busca como elemento distintivo facer un percorrido moi particular pola festa galega co Camiño de Santiago de fondo --Imaxes do Camiño de Santiago sairán nas pantallas multimedia que inclúe o espectáculo--. "Escoitaranse todos os temas que foron e son interpretados nas verbenas de toda Galicia... pero é unha verbena moi particular, xa que nunca e en ningunha verbena soaron todos os temas xuntos", destacou o seu produtor Carlos Alleres.

O Alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, lembrou que "para todos os veciños e veciñas da nosa vila este espectáculo ten unha importante carga emocional añadida xa que o director musical do mesmo é Xoán M. Paradela, músico verinés de gran renome e membro orixinal de senlleiras bandas de música locais como Estramonio ou Antoxo".

Gerardo Seoane: "o director musical do mesmo é Xoán M. Paradela, músico verinés de gran renome"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta