Case 140 espectáculos de música, danza e cultura para gozar na Coruña ata que acabe o verán

O plan da Rede Cultural estenderase pola provincia grazas á Deputación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña ofertará ata o final do verán 138 propostas de cinema, teatro, circo, monicreques, espectáculos de promoción do galego, maxia, danza e concertos de música dentro da programación da Rede Cultural. O programa 'Visións' achegará 28 filmes, entre os que están 'Cuñados', 'O meu amigo Pony' ou 'A galiña Turuleca'. Un total de 38 serán as actuacións dos grupos de música, danza e teatro non profesionais do programa 'Pilar'.

Mediante o mesmo, programaranse concertos da Banda de Música de Arca, Regueifeir@s de Galicia, Pandereteiras sen fronteiras, Tropicalia Troupe, Charanga Santa Compaña ou A Chiqui Band do Laboratorio. Danza, música, teatro e monicreques conforman a oferta de 'Escena ao vivo'. Serán 105 espectáculos nos poderase ver o último de Marta Alonso Tejada, Pablo Díaz, Dixie Kings ou Cristian Leggiero, entre outros.

Tamén música, teatro e maxia teñen un oco na programación de 'Lingua a escena!', que ofrecerá 14 espectáculos de narración oral e de promoción do galego.

O equipo de 'Cigarreiras' recolle o premio a mellor espectáculo na gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares, no Teatro Rosalía da Coruña. AAAG
O equipo de 'Cigarreiras' recolle o premio a mellor espectáculo na gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares, no Teatro Rosalía da Coruña. AAAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta