Antitaurinos denuncian "extrema violencia" na celebración prevista dunha becerrada en Pontevedra

Antitaurinos instan á Xunta de Galicia a non conceder permiso para a becerrada, argumentando que contraviñen normativas de benestar animal e leis de espectáculos públicos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/06/2024 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas denunciou a celebración dunha becerrada na praza de touros de Pontevedra, que está prevista para o sábado 29 de xuño, debido á "extrema violencia" que supoñen este tipo de eventos.

Nun comunicado, os abolicionistas lamentaron que neste tipo de accións os touros ou vacas de ata dous anos son "torturados ata a morte" por afeccionados "sen competencias reais en materia taurina". "A pesar de que o cartel promocional prohibe o acceso de persoas menores de 12 anos, como fixa a Lei de Espectáculos de Galicia, os preadolescentes e adolescentes poderían presenciar todo o acto, onde estes bóvidos evidencian mostras de sufrimento e dor, contribuíndo a insensibilizarlos", lamentaron desde a asociación.

Ademais, indican que haberá alcol no evento, "sen que se mostre control alleo á propia organización" sobre o seu consumo por parte de menores. Por todo iso, os antitaurinos consideran que a Xunta non debería outorgar permiso para a realización da becerrada.

Mario Xacobeo, un dos mellores touros de Xenética Fontao
Mario Xacobeo, un dos mellores touros de Xenética Fontao

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta