Obradoiro de Cigarrón para preservar a súa forma tradicional

O Concello de Verín promove anualmente, e desde o ano 1997, actividades formativas para axudar e orientar na elaboración do traxe e a máscara de Cigarrón, figura emblemática do seu entroido.

Por Galicia Confidencial | Verín | 31/10/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Verín vén de anunciar un ano máis o seu obradoiro para a confección do traxe e a máscara de Cigarrón. Desde o ano 1997 promove actividades formativas que teñen como obxectivo que o cigarrón, a máscara con máis significado patrimonial do Entroido de Verín, se manteña dentro dun canon de respecto polas formas tradicionais.

Careta do Cigarrón. Foto: Prensa Concello de Verín.
Careta do Cigarrón. Foto: Prensa Concello de Verín.

Este Obradoiro do Cigarrón transmite como facer todos os seus elementos constitutivos, agás os compoñentes de produción industrial e o pintado da careta e da mitra, e a xente interesada pode anotarse ata o 2 de novembro. A inscrición para participaren en todas as actividades ten un prezo de 120 euros e para aqueles e aquelas que só queiran aprender a facer o traxe ou a máscara o importe será de 85 euros.

REQUISITOS PARA INSCRIBIRSE E PRAZAS DISPOÑIBLES

O Obradoiro do Cigarrón 2023-2024 ofrécelle ás persoas maiores de idade que teñan as tardes libres a posibilidade de faceren a máscara completa ou partes da mesma (traxe ou careta), para o que terán que levar todos os materiais e instrumentos necesarios.

Para faceren o traxe é indispensable que teñan coñecementos básicos de confección con máquina e levala. Ademais, precisan ter adquirido fundamentos previos sobre labor de punto con agulla de calcetar e sobre tecido con agulla de gancho. Así mesmo será obrigatorio que os participantes leven a súa máquina de coser.

As prazas dispoñíbeis son 24, sendo 12 o número máximo de persoas por actividade. As solicitudes, que se tramitan na Casa do Concello, teranse en conta por orde de inscrición, ata completar o aforo. Para iso, admitiranse tanto as solicitudes dunha soa persoa como as presentadas por dúas persoas que acrediten un parentesco de até 4º grao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta