Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2023 | Actualizada ás 18:42
Unha ovella preñada provocou o caos circulatorio na A-52 ao correr durante tres quilómetros en sentido contrario á circulación, á altura de Ábedes, en Verín.
Segundo informou a Garda Civil, unha patrulla do destacamento de Verín, en motocicleta, logrou parala e mentres un dos motoristas retardaba a circulación, o outro a ía guiando pola beiravía con seguridade ata unha saída próxima.
Fíxose cargo do animal un pastor do lugar esperando que apareza o dono.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.