A carga dun móbil causa un incendio nunha casa en Verín

Do incidente ninguén resultou ferido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Os bombeiros de Verín extinguiron un incendio nunha vivenda provocado por un móbil que se atopaba cargando. Do incidente ninguén resultou ferido.

Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ao fío das 19,30 horas do venres e foi a inquilina da vivenda, localizada na praza García Barbón, a que chamou á central de emerxencias para solicitar medios de extinción.

Así, a muller indicou que ardía a cama da súa habitación. Por iso, o 112 solicitou a intervención dos membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendio e Salvamento de Verín.

Ademais, deron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa actuación e tamén aos axentes da Garda Civil.

Ao finalizar a intervención, os bombeiros indicaron que a habitación, na que se iniciou o lume, foi a máis prexudicada polo incendio. Como consecuencia, a cociña e o salón da vivenda terminaron afectados o fume e o piso quedou inhabitable.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta