Por Galicia Confidencial | Verín | 25/11/2023 | Actualizada ás 10:30
O evento comezou este venres, 24 de novembro, cunha sesión teórica da man do investigador experimental Fran Quiroga para coñecer, analizar e entender o termo "Novas Ruralidades". A continuación, xunto a Diego Parajó, celebrouse un Taller de oportunidades de emprendemento na Eurocidade Chaves-Verín para mulleres e homes con visión empresarial. Durante 3 horas exploráronse as oportunidades que ofrece o territorio transfronteirizo para levar a cabo proxectos. Todo desde un traballo colaborativo e práctico buscando fomentar a creatividade, facilitar unha mirada crítica sobre o contexto e ofrecer oportunidades de networking para conectar con outras persoas emprendedoras locais.
O sábado 25 de novembro haberá unha xornada dedicada a poñer enriba da mesa ideas que xurdan do día anterior; pero que tamén servirá para coñecer o traballo das emprendedoras locais, presentar proxectos propios ou buscar futuras alianzas. A xornada empezará cunha mesa redonda, moderada pola xornalista Nora Sola, na que participarán Begoña Vázquez (do restaurante Regueiro dá Cova), Ana Ponteira do Teatro Experimental Flaviense, António Machado - representante de ADRAT -, e representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia.
A continuación abrirase un espazo no que se darán a coñecer casos inspiradores como "As avelaiñasas" ou "Vai Sen Pelos". Ademais, todas as participantes nas xornadas que así o desexen poderán presentar os seus propios proxectos este mesmo día (previa inscrición), contando coa posterior avaliación de expertos en comunicación, márketing, promoción, financiamento e administración que as axudarán a valorar as súas novas oportunidades de negocio.
O obxectivo destas xornadas é propiciar un lugar de encontro no que os participantes poidan compartir ideas, establecer conexións e potenciar proxectos colaborativos. Unha ocasión para tecer redes e coñecer a experiencia dos veciños dos barrios norte (Galicia) e sur da Eurociudad (Portugal) que, na actualidade, desenvolven con éxito as súas actividades económicas neste contexto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.