A mostra, que poderá ser visitada durante todo o mes de novembro no Auditorio Municipal, inclúe unha coidada selección de imaxes que amosan a singularidade desta raza autóctona en perigo de extinción.
  comenta   0
A escola infantil do Gaioso, na parroquia compostelá do Eixo, ten a día de hoxe 9 matrículas, que segundo nos conta o pai representante das familias, Paul David Silva Pérez, para o ano pasarán a estar no límite entre o peche e a continuación. "Precisamos dárlle estabilidade a esta escola, non podemos estar sempre no límite, é moi agotador...", lamenta.
  comenta   0
Nunha nota de prensa, a Plataforma Bora Xeves A-57 detallou que Adega pedirá xudicialmente a paralización cautelar das obras ata que se redacte unha sentenza respecto diso da causa que promoven, "polos danos que esta autovía causaría no medioambiente sen que se acreditase a súa necesidade por densidade de tráfico".
  comenta   0
A organización ecoloxista ADEGA di que a Xunta coñecía a presenza de especies ameazadas no espazo ocupado por Altri e evitou protexelo. "A cousa pode ser aínda máis grave, porque ao desbaldimento de cartos públicos podería engadirse tamén o delito ambiental por inacción dolosa", asegura.
  comenta   1
Entidades ecoloxistas e políticos denuncian que a Xunta reduciu a zona de protección proposta para a Rede Natura na zona onde se proxecta a planta de Altri. Hai tres especies en perigo de extinción. O Ministerio de Transición Ecolóxica recomenda á Xunta ampliar a Rede Natura Serra do Careón pola presenza de especies protexidas.
  comenta   2
Así o denuncia ADEGA que asegura que o informe de impacto ambiental obviou a afectación á santolina de Melide (Santolina melidensis), a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) e á magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum).
Para revertir esta situación tería que haber 15.000 reprodutoras das 1.000 que contabiliza a ASOPORCEL na actualidade.
  comenta   0
A Comisión Europea recoñeceu este mércores a importancia dos lobos nos hábitats naturais, mentres os grupos de extrema dereita dos reformistas e conservadores e identidade e democracia alertaron de que o lobo se converteu en "unha ameaza para o gando e potencialmente para os seres humanos mentres os agricultores teñen prohibido defenderse destes ataques" e acusaron unha "hiperprotección" dos lobos en detrimento dos gandeiros alegando que xa "non é o lobo o que está en perigo de extinción, senón as persoas das zonas rurais".
  comenta   0
Adega presenta un contencioso-administrativo contra o paque Campos das Rosas, entre A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade porque provocará unha importante alteración do réxime hídrico e afectará a especies en perigo de extinción.
  comenta   1
‘O Son do Courel’, é un documental que busca preservar sons en perigo de extinción.
O Catálogo Galego de Especies Ameazadas recolle 74 especies en perigo de extinción e 126 como Vulnerables. Algunhas delas, como a tartaraña cincenta Circus pygargus e a gatafornela Circus cyaneus están a piques de desaparecer.
  comenta   3
Presentan alegacións contra dous parques eólicos que, de seguir adiante, impactarían sobre zonas protexidas e especies en perigo de extinción.
Só se celebrarán o 10% das actuacións de anos anteriores. O secretario xeral de Asevega describe a situación como “dramática”. Por outra banda o presidente de AGO está convencido de que as festas nunca volverán a ser o de antes.
  comenta   4
A entidade Ecoloxistas en Acción súmase á protesta da Plataforma Veciñal Stop Eólicos Negueira contra a construción do parque eólico de Valvater na fronteira con Galicia.
As redes de pesca ameazan a supervivencia deste mamífero, que vén de ser declarado en perigo de extinción. Unha declaración na que tivo moito que ver a organización Cemma.
  comenta   0
O noso resgardo traerá efectos "moi positivos" para a biodiversidade galega, un "respiro" que ADEGA cualifica de necesario, malia que sexa temporal.
  comenta   0
O Consello de Europa alerta da precaria situación na que se atopa este idioma nesta comarca de León. Denuncia que non se estarían cumprindo cuestións tan esenciais como a facilitación do uso do galego en ámbitos públicos (educación, autoridades administrativas, órganos xudiciais, medios de comunicación….) e privados.
Debido á "situación extrema" na que se atopa a rula, Ecoloxistas en Acción solicítalle á Fiscalía que "con carácter de urxencia" tome a medida cautelar de suspender a caza da rula en toda Galicia.
  comenta   1
Recolle a figura das microreservas e eleva as multas ata os dous millóns de euros en espazos protexidos, incluído, os prexuízos causados por lumes. Pero segue sen concretar a figura da fauna e flora en perigo de extinción e tampouco a relación entre os intereses empresariais e os medioambientais.
  comenta   0
Desde a aprobación do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, a Xunta só activou plans para a conservación de tres especies. Outras están case desaparecidas. “De seguir así farían falla máis de 1700 anos para que as especies máis sensíbeis e amezadas da natureza galega dispuxeran das ferramentas que establece a lei", din os ecoloxistas.
  comenta   2
"O futuro do sisón en Galicia pende dun fío e a algúns cargos actuais e pasados na Consellería de Medio Ambiente debería caérselles a cara de vergoña", din desde a Sociedade Galega de Historia Natural.
  comenta   0
“O 90% dos traballadores no sector son eventuais. Moitos marcharon fóra ou a outros sectores e non queren regresar porque os contratos non son indefinidos. Mentres non se recupere a carga de traballo e teñamos traballo para agora e tamén para dentro de 2 ou 3 anos, as cousas serán difíciles”, apunta César Rodríguez, responsable de Naval da CIG.
O ecoloxista Antón Lois denuncia que especies emblemáticas como o corvo mariño, imaxe do parque, están en perigo de extinción. "É un parque absolutamente ferido", asegura nesta entrevista.
A Asociación Fala Ceibe sinala a falta de protección desta lingua en Castela e León e destaca que o informe sobre o cumprimento da Carta Europea denuncia o precario recoñecemento do galego e as carencias do ensino na zona galegofalante do Bierzo.
A Centaurea ultreiae atópase nunha área de 10X10 KM e só hai 6.821 individuos no mundo. Ademais, este gran proxecto eólico tamén afectaría a outras tres especies moi vulnerables.
  comenta   0