Que novidades trae a nova Lei de Patrimonio Natural?

Recolle a figura das microreservas e eleva as multas ata os dous millóns de euros en espazos protexidos, incluído, os prexuízos causados por lumes. Pero segue sen concretar a figura da fauna e flora en perigo de extinción e tampouco a relación entre os intereses empresariais e os medioambientais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A nova Lei de Patrimonio Natural, que será remitida proximamente pola Xunta ao Parlamento galego, inclúe unha serie de demandas do sector medioambiental, pero tamén deixa outras fóra moi importantes, como a defensa das especies en perigo de extinción e a distinción clara entre os intereses empresariais e os intereses naturais.

Rural.- Os primeiros cen plans locais antincendios, obrigatorios desde hai 12 anos, estarán listos antes de verán. EUROPA PRESS - Arquivo
Rural.- Os primeiros cen plans locais antincendios, obrigatorios desde hai 12 anos, estarán listos antes de verán. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Na presentación da nova Lei, Feijóo destacou que con esta norma haberá unha "maior defensa e protección" do patrimonio natural. Un anuncio que chega logo das numerosas críticas pola lei que a oposición cualifica como "de depredación industrial" e que favorece os intereses de mineiras e grandes industrias.

Neste sentido, Feijóo suliñou que a futura lei recolle que "en caso de dúbida", prevalecerá o criteiro natural antes que outras cuestións, entre elas, as urbanísticas ou empresariais, aínda que sen aclarar este punto. 

Ademais, as empresas que se queiran instalar en zonas sensibles ambientalmente terán que presentar un aval ou garantía que será executado no caso de que existan riscos para o medio natural. Neste sentido, estes proxectos empresariais deberán contar, ao mesmo tempo, coas licenzas urbanísticas e medioambientais para poder operar.

MICRORESERVAS

Por outra banda, o novo decreto recolle a figura das microreservas para os espazos de menos de 20 hectáreas que, actualmente, están sen proteccións, e tamén se dá luz verde á posibilidade de crear espazos naturais locais, aínda que superen os límites dun concello.

No que respecta ás especies en perigo de extinción, a nova lei inclúe un catálogo de hábitas, flora e fauna en perigo de extinción pero sen concretar medidas para a súa recuperación. De feito, Desde a última normativa ao respecto, hai máis de doce anos, tan só se realizaron accións en tres especies concretas. Preguntado ao respecto por GC, Feijóo non soubo aclarar o tipo de medidas e remitiu a unha información máis completa por parte da Consellería.

SANCIÓNS

Por outra banda, a normativa recolle un aumento nas sancións polos danos causados en espacios naturais, entre eles, os incendios, que poderían ascender a entre 200.000 e 2 millóns de euros.

Na comparecencia posterior á reunión co seu Executivo, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, advertiu que os responsables dos lumes terán que abonar "a reparación do dano causado" e, adicionalmente, unha multa que pode chegar aos 2 millóns de euros "en función da gravidade".

E é que este proxecto de lei que será remitido ao Lexislativo autonómico, ademais de "facer foco" no réxime sancionador, servirá para "adaptar" a normativa galega á europea e a estatal e para "delimitar claramente" as competencias de cada administración territorial en canto ao patrimonio natural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta