O galego tamén está en perigo de extinción no Bierzo
O Consello de Europa alerta da precaria situación na que se atopa este idioma nesta comarca de León. Denuncia que non se estarían cumprindo cuestións tan esenciais como a facilitación do uso do galego en ámbitos públicos (educación, autoridades administrativas, órganos xudiciais, medios de comunicación….) e privados.