O concello presenta diversas actividades para sensibilizar á cidadanía de cara á erradicación da violencia de xénero en todas as súas formas. O 25 de novembro terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero na Praza Maior ás 12:00 h.
  comenta   0
Este mercado chega á súa XXVIII edición e contará con máis de 30 postos chegados da Reserva da Biosfera de Allariz, de diferentes puntos de Galicia, Castela e León e tamén do veciño Portugal. Contará con actividades paralelas e celebrarase os días 9 e 10 de novembro no Pavillón do Instituto.
  comenta   0
A programación contempla, entre outras cousas, contos de medo e procesións da Santa Compaña. Celebrarase do 31 de outubro ao 3 de novembro.
  comenta   0
O festival poético-cultural, que reúne artistas, músicos e poetas de Galicia e de fóra, será este sábado 5 de outubro no Museo do Coiro de Allariz.
  comenta   0
A hostalería alaricana ofertará tapas e menús cuxo ingrediente principal é a exquisita carne de boi. Comezaron o día 27 de setembro e alongaranse ata o 13 de outubro.
  comenta   0
Un ano máis, o concello ourensán lembra e pon en valor un oficio autóctono cun programa de actividades que terá lugar entre este 26 e o 29 de setembro.
  comenta   0
Allariz organiza unha xornada para lembrar a súa figura o 21 de setembro e a Fundación Vicente Risco outra o vindeiro 28. Ademais, será a estrea en galego da ópera "Loba Branca" no Teatro Principal de Ourense o día 27 do mesmo mes.
  comenta   0
A exposición fai un percorrido en imaxes sobre a relación do ser humano coa auga a través de cinco continentes e propón reflexionar sobre o impacto da nosa actividade no planeta
  comenta   0
Este 14 de setembro terá lugar na vila ourensá a VI Feira dos Produtos Apícolas. Haberá unha ducia de postos, obradoiros, degustacións, lecer para os máis cativos e sorteos.
  comenta   0
O certame internacional de curtametraxes de comedia, que transcorre en Allariz do 1 ao 7 de setembro, rematará cunha gala na que se entregan os diferentes premios.
  comenta   0
O mercado reunirá a 20 creadoras e creadores de Allariz e do resto de Galicia o vindeiro domingo 8 de setembro.
  comenta   0
Días atrás disputouse nesta vila ourensá un campionato que reuniu a participantes de todas as idades.
  comenta   0
Haberá curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas como gravación en directo de podcast, charlas, espectáculos teatrais e musicais.
  comenta   0
Javier e Sonia son unha parella que fai cousa dun mes decidiu deixar toda a súa vida en Sevilla atrás para cumprir o seu gran soño: vivir viaxando e asentarse un tempo en Galicia. Agora están xa aprendendo galego e antes de irse xa sinten "morriña" de ter que deixar "unha terra e unha xente tan fermosa".
  comenta   0
Tamén un operario resultou ferido nunha perna sobre as 12.30 horas deste xoves cando cortaba unha árbore en Muros e o tronco lle caeu enriba.
  comenta   0
A emblemática obra do artista Agustín Ibarrola, falecido o pasado ano, inaugurouse na noite de San Xoán do 1999.
  comenta   0
Celebrará a súa terceira edición do 17 ao 21 de xullo, despregando un formato festivo e autonómico que abrangue as seguintes localidades galegas: Foz, Outes, Ames, Marín e Allariz.
  comenta   0
Festival de Xardíns, festival de danza, roteiros temáticos, deporte, xogos populares, Festa da Empanada, espectáculos infantís, festival RIR... encherán a axenda de veciños e visitantes que se acheguen á vila do Arnoia de aquí a setembro.
  comenta   0
As áreas de Benestar Social e Promoción Económica, Comercio e Turismo do Concello convidan a todas as persoas comerciantes e hostaleiras do municipio, así como tamén á veciñanza en xeral, a unirse a esta celebración decorando e ornamentando os seus negocios coas cores do arco da vella.
  comenta   0
A mostra colectiva, na que participan 21 artistas, inaugurouse o pasado 21 de xuño en Allariz e estará aberta ao público para visitas e compra de obras ata o 14 de xullo. O que se recade irá destinado a axudar a familias de Gaza e Cisxordania.
  comenta   0
Este evento busca consolidar un espazo de encontro entre a comunidade lectora e todas aquelas persoas que forman parte da cadea de valor do libro. Celebrarase os días 5 e 6 de xullo. Este ano contará coa presenza dos autores Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols e Berta Dávila; e os axentes literarios Marina Penalva e Bernat Fiol.
  comenta   0
O Concello de Allariz, o GDR Limia-Arnoia e a Rede de Municipios pola Agroecoloxía convidan aos concellos galegos a compartir experiencias e reflexións sobre as políticas alimentarias locais. Terá lugar o 18 de xuño na Casa do Concello entre as 10:30 e as 17:00 h.
  comenta   0
Celia Pereira, presidenta da fundación Vicente Risco, sostén que hai que "relacionarse con outras culturas en posición de igualdade, coñecendo o valor real do noso, como facía a Xeración Nós".
  comenta   1
A vila do Arnoia comezou xa a festexar as Letras Galegas o 16 de maio con Cantos de Taberna e presenta interesantes propostas para o 17 e o 18.
  comenta   0
Retorna a Allariz o Festival da Arte da Ilustración 'Allariz Debuxado', un punto de encontro entre profesionais, estudantes e afeccionados do mundo da ilustración e a banda deseñada na beira do Arnoia.
  comenta   0
A temática desta edición, "O Xardín é unha obra de arte", trae á vila do Arnoia xardíns inspirados en obras de autores como Van Gogh, Monet, Maruja Mallo, Agustín Ibarrola ou René Magritte; e baseados en correntes artísticas como o impresionismo, o cubismo, o surrealismo ou mesmo o pop.
  comenta   0
Baixo o lema 'O xardín é unha obra de arte' abrirá as portas este sábado, día 11 de maio, ás 19:00 h.
  comenta   0
O Concello de Allariz presenta un completo programa de actividades divulgativas, formativas e de tempo de lecer compartido pensadas para coidar e forzalecer os lazos afectivos na familia. As actividades realizaranse os días 4, 10, 11, 12 e 15 de maio.
  comenta   0
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0
Na súa aposta por fomentar a xestión responsable de residuos, a Área de Medio Ambiente do concello repartirá 50 novos composteiros de 300 litros entre as persoas residentes.
  comenta   0
A Área de Promoción Económica e Turismo do concello presentou unha nova proposta para os "Roteiros Temáticos" deste ano. Trátase dunha iniciativa pensada para grupos pequenos que se desenvolverá no casco histórico o terceiro sábado de cada mes ata final de ano.
  comenta   0
Terán lugar o venres 3 de maio na Alameda. As inscricións para os maios poden facerse na modalidade de grupo ou individual e haberá premios para os tres primeiros de cada unha delas. As coplas deberán formalizarse en grupo, nas modalidades de nenos ou de adultos, haberá tres primeiros premios apra cada categoría e cantaranse a partir das 11:30 h.
  comenta   0
Terá lugar do 25 de maio ao 2 de xuño e contará con máis de 50 actividades para todos os públicos. Na presentación, a alcaldesa Cristina Cid resaltou a importancia da festa como dinamizador económico para os negocios de Allariz.
  comenta   0
A Casa da Mocidade de Allariz oferta esta primavera diferentes actividades para todos os públicos ata completar capacidade, priorizando sempre a mocidade entre 13 e 33 anos. Este ano a programación estará dividida en 4 bloques, tales como: De Ruta, De Obradoiros, De Equipo e De Concursos.
  comenta   0
Cristina Cid e María López, alcaldesa de Allariz e concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo veñen de presentar a programación da edición 2024 da "Semana Santa ao Vivo". Actuacións en directo nas rúas, actividades infantís, visitas guiadas e roteiros serán algúns dos atractivos.
  comenta   0
“...pois entran eiqui uns poucos, é certo, con boa estrela, pro, os mais can estrelados... ¡e non ll'ai que facer!...” Nan de Allariz
  comenta   0
A edición deste ano chega á súa 20ª edición baixo o lema "Polo logrado, polo que queda, pola igualdade". As xornadas terán lugar do 8 ao 17 de marzo.
  comenta   0
En Vigo, Redondela, O Grove e Mugardos votaron en masa ao BNG nestes comicios, tendo alcaldes socialistas e populares. Soutomaior, Moaña, Cangas, Catoira, Fene, Verea, Allariz e Vilar de Santos votaron ao BNG o 18F e teñen alcaldes nacionalistas. E Entrimo, Calvos de Randín, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz votaron ao PSdeG e teñen alcaldes socialistas.
  comenta   4