'Poemagosto' de Allariz alcanza a súa décima edición

O festival poético-cultural, que reúne artistas, músicos e poetas de Galicia e de fóra, será este sábado 5 de outubro no Museo do Coiro de Allariz.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 04/10/2024 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A vila de Allariz acollerá este sábado 5 de outubro a décima edición do Festival Internacional de Poesía "POEMAGOSTO", un evento cultural consolidado que reúne a poetas, músicos e artistas de dentro e fóra de Galicia que se desenvolve no patio cuberto do Museo do Coiro.

Presentación da X Edición do Poemagosto. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación da X Edición do Poemagosto. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Na presentación, días atrás, as persoas organizadoras do Poemagosto, xunto co concelleiro de Cultura de Allariz, presentaban o programa destacando "a relevancia de continuar co fomento da poesía e da cultura"

O programa para este 2024 inclúe, ademais de recitais poéticos, diferentes obradoiros e concertos, un interesante cóctel para festexar a creatividade e a expresión artística literaria e musical. En palabras dos organizadores, o Poemagosto "busca fomentar a cultura e a creatividade, tanto na escena local coma na internacional, creando un espazo de encontro e libre expresión".

PROGRAMA POEMAGOSTO 2024 

11:30h - Apertura con Lectura Aberta: "Poemas por Palestina"

Un acto de solidariedade a través da poesía, onde as persoas participantes poderán compartir os seus versos en apoio ao pobo palestino.

12:00h - Recital de Poetas
Coa participación de recoñecidas poetas e poetas como Silvia Penas, Samuel Merino, Verónica Martínez Delgado, Luix Kaf, Rochi Nóvoa e Carlos Da Aira.

13:00h - Concerto: Tesouro
Un momento musical para gozar de sons únicos que combinan tradición e modernidade.

17:00h - Obradoiro Infantil con Lorena Cantarela
Un taller de manualidades para as máis pequenas e pequenos, empregando materiais reciclados.

19:00h - "Somos un Pobo de Artistas" con Xurxo Souto

Recital Poetas

Coa participación de recoñecidas poetas e poetas como Silvia Penas, Samuel Merino, Verónica Martínez Delgado, Luix Kaf, Rochi Nóvoa e Carlos Da Aira.

Recital de Poesía e ElectroPoesía con Luix Kaf.

22:00h - Concerto de Coanhadeira e Foliada
A xornada rematará cun gran concerto a cargo de Coanhadeira, seguido dunha foliada (festa tradicional galega) co grupo Xúa, onde todas as persoas asistentes están convidadas a unirse ao baile.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta