Por Galicia Confidencial | Allariz | 25/06/2024 | Actualizada ás 09:00
Arte contra a inxustiza da guerra e a opresión Palestina. O pasado mes de decembro, e por iniciativa dun grupo de veciñas/os de Allariz ante a barbarie que se estaba producindo en Gaza, decidiron organizar diferentes actividades (mercados de segunda man, concertos, charlas informativas, etc) para dar visibilidade ao que está a ocorrer en Palestina e recadar diñeiro que se envía despois a familias de Gaza e Cisxordania coas que están en contacto.
O artista plástico, Xabier Varela, puxo ao dispor da causa o espazo expositivo que ten en Rúa da Cruz, en Allariz. E tendo local, lanzaron a convocatoria a artistas de diferentes disciplinas (escultura, gravado, pintura, debuxo, cerámica, fotografía...) da provincia de Ourense, para organizar unha exposición colectiva. A iniciativa tivo moi boa resposta e o pasado 21 inauguraban a mesma contando coa atuación de Esperanza e Ricardo Coronel, cun espectáculo de poesía e tangos. As diferentes obras teñen un prezo, e o recadado pola venda delas irá destinado a axudar a familias de Gaza e Cisxordania.
A exposición poderá verse ata o 14 de xullo na Rúa da Cruz, 3 de Allariz.
Autores e autoras participantes: Emilio García Valenciano, Xabier Cuiñas, Pablo Fernández, Xosé Manuel Moxón, Arturo Andrade, Carmen Obeso, Tareixa Taboada, Antonio Fernández Seoane, Xosé Vilamoure, Manolo Figueiras, Paco Ascón, José Famos, Antonio Soria Rocafort, Xosé Poldras, Xabier Varela, Xaime Piñeiro, Eva Casado, Jorge Varela, Jaime González, Plácido Arnoia e Carmen Blanco Sueiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.