A historiadora Zulema Olivencia conta que a prostitución heterosexual exercida por mulleres foi recollida xa por filósofos como Platón ou Cicerón, non así a heterosexual exercida por homes ou a homosexual, que se trataba de ocultar. Na cidade de Ostia e na de Pompeia atopáronse espazos nos que se tería practicado sexo, con pinturas de carácter homoerótico. Tamén en Pompeia apareceron gravados nas pedras nos que se lía a palabras 'cunnilingus', e detrás dos que se poñían os homes que ofrecían eses servizos ás mulleres.