Falece o pintor ribeirense Manuel Ayaso aos 89 anos de idade

Ayaso foi nomeado o pasado ano Fillo Predilecto de Ribeira, o seu municipio natal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2023 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O pintor Manuel Ayaso (Aguiño, Ribeira, 1934) morreu este luns aos 89 anos de idade. Ao longo da súa vida, que o levou a emigrar de mozo a Estados Unidos, recibiu diferentes recoñecementos de carácter internacional.

Ayaso foi nomeado o pasado ano Fillo Predilecto de Ribeira, o seu municipio natal. Así, os grupos que conforman a Corporación Municipal transmitiron este martes o seu "máis sincero pesar" polo falecemento do artista, ao que cualifican como "un dos artistas máis sobresalientes do concello, de Galicia e de toda España".

"Queremos expresar noso pésame aos seus familiares, amigos e veciños e foráneos en xeral que sentiron cativados por este creador universal, posuidor dun estilo único e incomundible só á altura dos grandes mestres como Goya ou Picasso, o que lle fixo merecedor de innumerables distincións", explica a Corporación de Ribeira nun comunicado.

Entre os galardóns que conseguiu, figuran o Premio Trubeck, o Premio de Pintura da Fundación Tiffany, o Premio Purchase do Museo de Nova Jersey, o Premio de Artes Plásticas de Galicia e o Premio Barbantia.

Manuel Ayaso, artista de Ribeira (A Coruña). CONCELLO A Coruña
Manuel Ayaso, artista de Ribeira (A Coruña). CONCELLO A Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta