Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2023 | Actualizada ás 16:42
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou esta semana o Centro de Saúde da Ponte, onde departiu cos seus profesionais e aproveitou para visitar a exposición sobre a historia deste equipo de atención primaria, que foi pioneiro na cidade, na rúa Ribeira de Canedo en 1987, e desde 1995 nas súas actuais instalacións.
De face a celebrar o seu trinta aniversario, o centro de saúde recolle nas súas paredes unha pequena antoloxía das súas orixes e acaba de renovar a súa pintura e sinalización interior, buscando mellorar a orientación e circuítos de pacientes, humanizando o seu paso polo centro, moi especialmente dos máis pequenos, para o que se decorou coa imaxe gráfica de Vos Bolechas' a área de pediatría. Ademais, xunto coa renovación interior, mellorouse o aparcadoiro de persoal e a súa accesibilidade.
O centro de saúde pontino conta desde este ano con novos servizos orientados ao paciente, ampliando a súa carteira de servizos cunha dietista-nutricionista, que complementa o traballo do equipo asistencial na atención de pacientes con patoloxías crónicas moi prevalentes como a diabetes, a hipertensión arterial, a insuficiencia renal, obesidade, dislipemia -ou colesterol elevado- e tamén ao conxunto da poboación, que se benefician do seu consello profesional para unha alimentación máis saudable ou adaptada ás súas características vitais e de saúde, mediante consultas individuais e talleres.
Xunto coa nova profesional, o centro dispón, tamén desde este ano, cun profesional administrativo máis, para orientar e fomentar a capacitación tecnolóxica dos pacientes, no marco dunha iniciativa posta en marcha polo Sergas para dar a coñecer e facilitar o acceso á aplicación SergasMóbil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.