Falece aos 68 anos a actriz galega Rosalía Dans

Era moi coñecida en series dos anos oitenta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2024 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

A actriz e pintora galega Rosalía Dans faleceu aos 68 anos, segundo informa o Concello de Curtis  este luns. Filla da artista curtiense María Antonia Dans, Rosalía Dans deu o salto á popularidade co seu papel de Rosario en 'Los gozos y las sombras' (1982), serie de TVE.

Así se converteu nun rostro popular na pequena pantalla nos anos oitenta en series como 'Anillos de oro' (1983), 'Goya' (1985), 'Las aventuras de Pepe Carvalho' (1986) ou 'Lorca, muerte de un poeta (1987). Na longametraxe, destaca o seu papel en 'Amanece, que no es poco' (1989), de José Luís Cuerda.

Nun comunicado, o Concello de Curtis mostra as súas condolencias por unha muller que "sempre mostrou un constante interese, dedicación e compromiso no benestar do pobo e os curtienses". Apartada da interpretación desde comezos dos anos noventa, dedicouse á pintura. A súa primeira exposición data de 1986.

Precisamente, a pasada semana o Curtis inaugurou casa-museo de María Antonia Dans, co agradecemento á súa filla, Rosalía Dans, pola súa colaboración para a compra da casa e parcela para facer realidade este proxecto, o cal honrará a figura da súa nai e "servirá de galería a outros artistas", segundo explicaba a propia Rosalía nunha carta.

Rosalía Dans. CONCELLO DE CURTIS
Rosalía Dans. CONCELLO DE CURTIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta