Roteiro temático 'Mulleres de Allariz', unha reivindicativa actividade para celebrar o 17 de maio

A vila do Arnoia comezou xa a festexar as Letras Galegas o 16 de maio con Cantos de Taberna e presenta interesantes propostas para o 17 e o 18.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 17/05/2024 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O xoves 16 celebráronse os Cantos de Taberna e para a noite a Concellaría de Mocidade tiña organizado un concerto cos grupos galegos Ukestra do Medio e o grupo Bule. Esta actuación, quedou adiada por mor do tempo quedando agora á espera de buscarlle unha nova data.

Cartel Luísa Villalta. Deseño: Concello Allariz.
Cartel Luísa Villalta. Deseño: Concello Allariz.

Este venres 17 de maio comezan as actividades co concerto da Banda Unión Musical de Allariz, ás 12:30 horas na Alameda de Allariz, se o tempo nolo permite. E pola tarde, a partir das 19:00h na Praza de Abaixo Lydia Botana chegará co seu espectáculo Contos Musicados (se chove muda a actividade para a Casa da Cultura). Actividade para público infantil, e dentro do ciclo de fomento da lectura "Ler conta moito".

O sábado 18 de maio está programado o Roteiro Temático: "Mulleres de Allariz": Un percorrido pola historia de Allariz a través das mulleres que deixaron a súa pegada en diferentes ámbitos, destacando a súa fortaleza, sabedoría e loita polos seus ideais, unha visión diferente e enriquecedora da historia local. Máis info en allariz.gal/turismo/roteiros-tematicos/

Dende o Concello de Allariz lembran que "todas estas actividades son parte da celebración do Día das Letras Galegas, unha xornada dedicada a homenaxear a lingua e a cultura galegas, así como a destacar a importancia dos escritores e poetas que contribuíron ao enriquecemento do patrimonio literario de Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta