Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/07/2024 | Actualizada ás 12:30
Un menor resultou ferido de carácter leve ao sufrir un atropelo na mañá deste martes no caso urbano da localidade ourensá de Allariz. En concreto, segundo informou persoal do CIAE 112 o suceso tivo lugar ás 11,30 horas na rúa Emilio Pardo Bazán.
Ao lugar desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, que explicaron ao 112 que o mozo resultara ferido nunha perna. Por iso, foi trasladado ao centro de saúde da localidade. O CIAE 112 deu aviso do sucedido á Policía Local, aos bombeiros de Xinzo e a Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.