Por E.P. | OURENSE | 10/09/2024 | Actualizada ás 19:09
Un turismo, Mercedes C250D, ardeu por completo na tarde deste martes no quilómetro 207 da autovía A-52, próximo á saída de Allariz. Os dous ocupantes do vehículo resultaron ilesos.
Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o suceso tivo lugar ás 15,15 horas e ao momento acudiron, os bombeiros de Xinzo e o servizo de mantemento da autovía, así como unha patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense que canalizou o tráfico cara ao carril esquerdo.
Ademais, debido ao incendio, solicitouse apoio desde o distrito forestal 12 para refrescar a zona do noiro próxima ao lugar do incendio, na que unha patrulla sinaliza en apoio aos bombeiros forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.