Por Galicia Confidencial | Allariz | 17/08/2024 | Actualizada ás 11:27
O Concello de Allariz ten preparada unha programación variada e entretida para todos os públicos co gallo da 'Festa da Empanada'. Actividades para todas as idades que inclúen música, deportes, concertos e gastronomía coa exaltación deste tradicional produto galego.
Unha actividade que non falta a esta cita é o Campionato da Billarda, evento que este ano tivo un éxito de inscritos nunca visto. Tanto foi así que tiveron que realizarse probas previas dos equipos sénior ata o 9 de agosto, e quedando as competicións infantís e xuvenís para o día 14. Os/as finalistas senior, tanto masculino coma feminino, xogarán as finais tamén este 14 de agosto a partir das 19:00h. A competición ten lugar no Campo da Barreira.
PROGRAMACIÓN
Venres, 16 de agosto
Sábado, 17 de agosto
Domingo, 18 de agosto
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Entre as variadas actividades que ofrece a "Festa da Empanada" de Allariz, están dúas probas deportivas que atraen tanto a participantes como a espectadores: o Tríatlon Vila de Allariz e a Regata Provincial de Piragüismo.
Tríatlon Vila de Allariz
O Tríatlon Vila de Allariz terá lugar o sábado, 17 de agosto, con saída ás 18:00 horas na Alameda. As persoas participantes poderán competir nunha contorna única, rodeada de paisaxes naturais que farán do evento unha experiencia inesquecible.
Regata Provincial de Piragüismo
O domingo, 18 de agosto, ás 11:00 horas, celebrarase a Regata Provincial de Piragüismo no embarcadoiro da Alameda. Esta competición, que reúne a equipos de diferentes puntos da provincia, é unha oportunidade para demostrar a destreza e a habilidade no manexo das embarcacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.