Por Galicia Confidencial | Allariz | 14/04/2024 | Actualizada ás 11:32
O evento dará comezo ás 11:30 h. do venres 3 de maio, momento no que os Maios farán a súa chegada á Alameda, onde permanecerán expostos durante toda a fin de semana. Dende o concello animan a participar a todos os interesados, que poderán gozar dun concurso de Coplas das 11:30 h. ata as 13:30 h., co acompañamento musical do Grupo de Gaitas De Pé Feito.
Os puntos máis importantes das bases para participar no concurso de Maios son as seguintes: a inscrición está aberta ao público en xeral e debe formalizarse na Casa da Cultura. Poden inscribirse individualmente ou como grupo, cun mínimo de 8 persoas nesta segunda alternativa. Os Maios deben construírse seguindo a tradición, utilizando materiais como madeira, arpilleira, musgo, entre outros.
Establécense premios en efectivo para os tres primeiros en cada modalidade.
CONCURSO DE COPLAS
En canto ao concurso de Coplas, os trazos principais das bases son os seguintes: establécense dúas categorías: Coplas de nenos de 3 a 11 anos e Coplas de adultos a partir dos 12 anos, sendo necesario que a inscrición se realice como grupo, cun mínimo de 8 persoas. As coplas entregaranse mecanografadas na Casa da Cultura.
As coplas serán cantadas o propio día 3 de maio na Alameda, a partir das 11:30 h. e o prazo de inscrición remata o 30 de abril tanto para anotarse na modalidade de Maios como de Coplas.
Establécense premios en efectivo para os tres primeiros en cada modalidade.
INSCRICIÓNS E VEREDICTO
Inscrición e información na Casa da Cultura de Allariz, no 988 440 859 ou no correo cultura@allariz.gal . As BASES ao detalle están na web do Concello de Allariz.
O veredicto do xurado darase a coñecer o 6 de maio a través dos canles habituais do concello.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.