Trátase dun proxecto das Escolas de Ensino Galego Semente que ten por obxectivo preservar e dar a coñecer o grande patrimonio etnográfico e cultural que representan as nosas "mascaradas de inverno". Para financiar este libro-guía veñen de crear unha conta na plataforma Verkami.com
  comenta   0
A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza, por segundo ano consecutivo, esta actividade baixo o título: ‘Dándolle unha volta á la. Da ovella onde ti queiras’. Será este 19 de outubro na aldea de Miraz.
Un ano máis, o concello ourensán lembra e pon en valor un oficio autóctono cun programa de actividades que terá lugar entre este 26 e o 29 de setembro.
  comenta   0
Será o 4 de maio cun roteiro etnográfico-gastronómico que alcanza a súa XIV edición. A idea xurdiu dende a Asociación Centro de Animación Rural Celavente no ano 2006 coa intención de restaurar e recuperar os fornos e fontes comunitarias que había nos diferentes barrios de Celavente.
  comenta   0
Este domingo 21 de abril celebrará a XV Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto cun programa máis amplo que noutras edicións e máis artesáns participantes.
  comenta   0
Terán lugar o venres 3 de maio na Alameda. As inscricións para os maios poden facerse na modalidade de grupo ou individual e haberá premios para os tres primeiros de cada unha delas. As coplas deberán formalizarse en grupo, nas modalidades de nenos ou de adultos, haberá tres primeiros premios apra cada categoría e cantaranse a partir das 11:30 h.
  comenta   0
Veciños de Teixeira conseguiron o que había anos non se facía: brindar nunha celebración, con naturalidade, o cal é de grande importancia para acompañar a festa e cumprir a función social de cohesionar á comunidade.
  comenta   0
O Concello de Manzaneda e as súas parroquias manteñen moi viva a tradición do seu Fulión, unha festa que ten a distinción de “Festa de Interese Turístico de Galicia” dende o 2008 e que este ano abrangue do 13 de xaneiro ao 13 de febreiro, martes de entroido.
  comenta   0
A obra audiovisual foi realizada pola ruesa Cristina de la Torre, produtora do documental 'Santoalla'.
  comenta   0
Showcooking o 7 de xuño, e visita guiada con cata o 8 de xuño; ambas experiencias promovidas pola Adega Martín Códax na Sede Afundación de Vigo.
  comenta   0
O Concello de Verín vén de publicar as bases para participar na confección de Maios e na elaboración de coplas que se darán a coñecer o día 1 do vindeiro mes. Das coplas farase unha edición única e conxunta con obxectivos culturais e solidarios; aqueles que fagan doazóns a favor da loita contra o cancro terán un dos 800 exemplares impresos.
  comenta   0
O vindeiro domingo, 16 de abril, Riotorto recupera a traxectoria desta celebración que exalta a figura dos ferreiros. Falamos con José Mario Cabo, ferreiro e presidente dunha entidade que representa a este gremio de artesáns do ferro.
  comenta   0
Unha crónica de Óscar Soutelo en relación ao evento vivido en Viana e Vilariño de Conso a pasada fin de semana, do 17 ao 19 de marzo.
  comenta   0
O Concello de Manzaneda pode presumir de ter un dos entroidos máis senlleiros da península e de Europa grazas ao seu carácter ancestral e ás singulares danzas rotacionais das Mázcaras, personaxes principais do seu Fulión. Dende hai un mes a xente ‘anda ao Fulión’ polas aldeas e o 21 de febreiro o concello organiza un desfile polas rúas de Manzaneda.
  comenta   0
O concello vén de abrir o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 10 de febreiro.
  comenta   0
O concello vén de presentar un amplo programa de actividades que encherán os meses de xullo, agosto e setembro. Divulgación, música, teatro, danza e cinema serán algunhas das propostas que poderán gozar tanto a veciñanza como aqueles e aquelas que pasen por Allariz este verán.
  comenta   0
As 'Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños de Valdeorras' chegan á súa XI edición cunha completa programación que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de maio. As actividades poñerán en valor o territorio amparado, os seus recursos turísticos e o seu patrimonio.
  comenta   0
O concello e Xosé Lois Foxo chegaron a un acordo de colaboración para crear o 'Museo Internacional da Gaita' na vila do Támega. Para acoller tan ampla colección rehabilitarase o antigo edificio dos almacenes Recaredo Romero, obra do arquitecto Daniel Vázquez Gulías.
  comenta   0
O Concello de Verín presenta un amplo abano de actividades para o 30 de abril e o 1 de maio na Alameda e na Praza García Barbón, respectivamente. Ademais dun acto conmemorativo, o sábado 30, o domingo 1 está programada a celebración dos Maios, a V Feira Solidaria e unha andaina en beneficio da Cruz Vermella.
  comenta   0
Asociación Cultural Xan de Arzúa e Concello de Allariz presentaron xa un avance do que será a programación e o cartel anunciador dun dos eventos máis importantes para a vila do Arnoia.
  comenta   0
O proxecto 'Saberes Próximos' nace para visibilizar aqueles que dedican o seu tempo a coidar e divulgar a riqueza e a importancia do noso patrimonio inmaterial. Na súa web dan a coñecer persoas e colectivos que recompilan, preservan e difunden os nosos saberes e tradicións.
  comenta   0
O 25 de febreiro, a través deste programa, poderase ver en directo como o reporteiro Fede Arias, acompañado de Cigarróns e autoridades locais, é nomeado Capuchón de Verín 2022 na Praza do Concello de Verín.
  comenta   0
O Concello de Verín promove o entroido deste ano convidando á prudencia a través dun vídeo no que aparece a verinesa Esther Estévez, do “DígochoEu”.
  comenta   0
Será o sábado 26 de xuño, día no que se poderá realizar unha ruta interpretativa sobre a importancia da curtición en Allariz, ademais de asistir a varias presentacións e algún obradoiro.
  comenta   0
'Negro púrpura' percorre a historia da presenza en Galicia do fungo do caruncho do centeo ('Claviceps purpurea'), así como a súa conexión co LSD, as multinacionais farmacéuticas, as pragas medievais e a CIA.
  comenta   0
A MICE do pasado 2020 foi unha das primeiras actividades que tiveron que ser suspendidas por mor da pandemia, pero que grazas á capacidade de adaptación conseguiu "reiventarse" para aparecer no mes de agosto cun formato mixto.
  comenta   0
O coñecido xornal valdeorrés edita a revista “Entroido en Galicia 2021”, unha das mellores publicacións sobre o entroido -galego e de territorios próximos- que se publica no país cada ano por estas datas.
  comenta   2
A mostra é un exemplo de como a técnica interacciona coa paisaxe para crear unha obra duradeira que combina a súa funcionalidade coa estética e mellora a vida dos cidadáns e das xeracións vindeiras.
  comenta   0
O Museo Claustro Mercedario celebra estes días o seu terceiro aniversario. Neste tempo leva organizadas máis de medio cento actividades académicas, divulgativas e pedagóxicas enfocadas a dar a coñecer a historia da súa comarca e crear entre os seus veciños un sentimento de identidade.
  comenta   0
Do 13 ao 26 de febreiro a vila encherase de tradición, festa e fulións. O 23 será o "domingo gordo", día no que se conmemora o 50 aniversario da Festa da Androlla.
  comenta   0
Os días 11 e 12 de xaneiro terá lugar en Viana do Bolo e Vilariño de Conso a VI edición da coñecida como ‘Mascarada Ibérica’, un encontro que este ano preséntase coa denominación 'ViBoMask' como recoñecemento ás vilas organizadoras, á figura do Boteiro e a un grupo de máscaras que chega de Italia. Falamos cun dos organizadores, Jorge Minas.
  comenta   3
No Saviñao, no cabo do Mundo, un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra, nacía no 2004 un proxecto privado con vontade comunitaria que pretendía poñer en valor o patrimonio moble, artístico e etnográfico da cultura ribeirá da zona.
Exposicións, recitais ou actuacións musicais serán algunhas das propostas que se poderán gozar nesta xornada lúdica.
  comenta   0
Do 3 ao 6 de maio desenvolverase na vila do Arnoia unha nova edición das Xornadas dos Oficios do Coiro.
  comenta   1
Xornalista, autor, escritor, poeta, letrista, autor multimedia e compositor independente, ó longo dos seus 63 anos de vida, o seu mundo profesional sempre estivo moi vinculado ó munda da arte escrita e escénica. Fillo de galegos, lembra nesta entrevista a importancia e a riqueza do carácter galego.
GC acudiu á proxección das curtas Cruz Piñón, Fisterra, carne de safari e Las filanderas e conversou coas súas directoras na segunda sesión de Etnografía, muller e cinema da 13º MICE.
  comenta   1