Por Galicia Confidencial | OURENSE | 12/02/2024 | Actualizada ás 14:30
Poucas cousas hai máis galegas que o noso querido Entroido. Estes son uns días do ano nos que a nosa tradición sae ás rúas co orgullo por bandeira e amósanos que a nosa cultura non se vai perder mentres haxa xente que a viva tan intensamente como é o caso dos veciños da zona do Courel.
Este Entroido, na aldea de Teixeira do Courel (Folgoso do Courel) reuníronse para facer unha sesión de repentismo: esa forma de poesía popular oral que consiste en improvisar versos cantados, toda unha delicia da nosa terra.
Estes veciños están verdadeiramente comprometidos con recuperar o Entroido tradicional no Courel, polo que fixeron un proceso de investigación sobre o repentismo, recuperaron letras de cantigas populares do Courel, bailes e a tradición do Entroido, entre moitas outras cuestións. O brindo (unha das manifestacións do repentismo galego) tamén forma parte desta recuperación e hai xente que está indo polas aldeas, cantando, bailando, facendo música e tamén incorporando o brindo.
No vídeo que vos amosamos a continuación, no que aparecen varios veciños da Teixeira 'brindando', atópanse, entre moitos outros, Tegra, de Hórreos, unha brindeira moi nova que ten colaborado co proxecto regueifesta (a rapaza que está máis preto da cámara); e Pepe, de Teixeira, un brindador histórico que este ano non brindou ao estar de loito polo seu fillo.
Estes veciños de Teixeira conseguiron o que había anos non se facía: brindar nunha celebración, con naturalidade, o cal é de grande importancia para acompañar a festa e cumprir unha función social: cohesionar á comunidade. Ademais, hai que resaltar que a aldea de Teixeira está preto da de Louzarela (Pedrafita do Cebreiro), de onde era o último brindador histórico de Galicia que morreu hai catro anos, Antonio Ribeira, ou Antonio de Louzarela.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Recta final espectacular do 'XIV Outono Códax Festival'
- Korn, nova confirmación para o Resurrection Fest 2025
- Manuel Rivas: "Estamos en risco pola unión de poder político, mediático, económico e armamentístico"
- López Campos destaca o exemplo inclusivo da Romaría Internacional na presentación dun libro sobre este encontro
- Prensentan a programación completa do Culturgal con máis de 200 actividades representativas da cultura galega
- Sae adiante o Proxecto de Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia