Viana do Bolo presenta oficialmente o seu entroido

Do 13 ao 26 de febreiro a vila encherase de tradición, festa e fulións. O 23 será o "domingo gordo", día no que se conmemora o 50 aniversario da Festa da Androlla.

Por X.M. Fernández | Viana do Bolo | 31/01/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Viana do Bolo presentou o 29 de xaneiro o seu Entroido. Este dará comezo oficialmente o xoves 13 de febreiro co Día de Compadres e rematará o mércores 26 de febreiro co Enterro da Sardiña. Case dúas semanas cheas de tradición, festa, diversión, gastronomía.

Concelleira de cultura, Graciela Diéguez, e Alcalde, Secundino Fernández, ensinan o cartel deste ano. Foto: Concello e Viana do Bolo
Concelleira de cultura, Graciela Diéguez, e Alcalde, Secundino Fernández, ensinan o cartel deste ano. Foto: Concello e Viana do Bolo

Un dos días grandes do Entroido será o “Domingo Gordo”, día no que terá lugar o tradicional desfile de fulións e carrozas e que continuará coa Festa da Androlla que, este ano, cumpre o seu 50 aniversario.

Como parte da programación entroideira o concello anunciou tamén unha serie de actos culturais e exposicións: Exposición de Entroido de Edna García Estévez (que inclúe fotografías, carteis e debuxos da autora); Exposición fotográfica dos “50 anos da Festa da Androlla” e "Representación das tradicionais disputas do Entroido", organizadas pola Asoc. Robreda (os sábados 15 e 22 de febreiro).

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar dedicará a xornada do 6 de febreiro ao entroido da localidade ourensá e á súa 50 Festa da Androlla de Viana do Bolo. Unha homenaxe na que estará presente o Boteiro, a figura máis representativa do Entroido vianés, e a androlla, o produto gastronómico máis típico e recoñecido destas terras.

Boteiro
Boteiro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta