Sae polo seu propio pé tras dar varias voltas de campá

O conductor resultou ferido. De

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/06/2024 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido tras saírse da vía na A-52, ao seu paso por Allariz (Ourense), e dar varias voltas de campá.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 14,45 horas deste domingo e foron varios particulares os que alertaron de que o ferido non podía saír do vehículo.

Ata o punto desprazouse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Xinzo, a Garda Civil e do persoal de mantemento da autovía.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencias comprobaron que o condutor xa estaba fóra do vehículo, xa que puido saír polos seus propios medios, e foi atendido polos profesionais sanitarios.

Accidente
Accidente | Fonte: BOMBEIROS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta