Allariz presenta unha completa programación primaveral para a mocidade

A Casa da Mocidade de Allariz oferta esta primavera diferentes actividades para todos os públicos ata completar capacidade, priorizando sempre a mocidade entre 13 e 33 anos. Este ano a programación estará dividida en 4 bloques, tales como: De Ruta, De Obradoiros, De Equipo e De Concursos.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 19/03/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Casa da Mocidade de Allariz oferta esta primavera diferentes actividades para todos os públicos ata completar capacidade, priorizando sempre a mocidade entre 13 e 33 anos.

Uxía e Carlos presentan o programa 'Primavera na mocidade'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Uxía e Carlos presentan o programa 'Primavera na mocidade'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, este colectivo poderá participar en actividades como saídas a natureza, obradoiros variados, campionatos de xogos de mesa, debates, faladoiros... Este ano a programación estará dividida en 4 bloques, tales como: De Ruta, De Obradoiros, De Equipo e De Concursos.

“De Ruta” consistirá en marchas nocturnas a recursos naturais da nosa contar. As quedadas serán o 20 de abril, o 11 de maio e o 8 de xuño a partir das 19:30 h.

As actividades “De Obradoiros” comezarán cun de trampeo eficiente contra as velutinas este 21 de marzo, ás 20:00h. Esta actividade estará aberta para todas as persoas interesadas en participar. O seguinte realizarase o 11 de abril ás 20:00 h. e tratará sobre nocións básicas de mecánica de bicicletas. O derradeiro desta quenda será un obradoiro de radio/podcast que se realizará o 9 de maio de 18:00 h. ás 20:00 h.

Todos os venres, no apartado bautizado como “De equipo” haberá "grupos de debate" e “Faladoiros” en dúas quendas: de menos de 18 anos ás 19:00 h. e demáis de 18 anos ás 20:15 h. Neste mesmo bloque para o 15 de xuño organízase un 3x3 de basket de rúa, de 11:00 h. ás 23:00 h.

E para rematar os bloques, “De concursos”, programado en tres temáticas: fotografía de primavera, matraquillo e xadrez.

Iago Santás, concelleiro de Mocidade, confía en que "as actividades sexan do interese dos mozos e mozas e que se animen a participar nesta programación de primavera que tenta abarcar opcións para todos os gustos".

Para máis información e inscricións, o Concello de Allariz facilita o correo electrónico mocidade@allariz.gal e recomenda tamén seguir as redes sociais, a web do concello ou dirixirse directamente á Casa da Mocidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta