O cáliz, a estrela, o corno e os montes sacros de Galicia; así é a Doutrina do Sancto Graal de Vicente Risco

Celia Pereira, presidenta da fundación Vicente Risco, sostén que hai que "relacionarse con outras culturas en posición de igualdade, coñecendo o valor real do noso, como facía a Xeración Nós".

Por Elena G.Fdz | Santiago de Compostela | 06/06/2024 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

En 1914, Vicente Risco asistiu en Madrid á representación de Parsifal de Wagner, unha obra cargada de inspiración celto-cristiá. Esta experiencia marcou profundamente a Risco e levouno a crear o borrador da Doutrina do Sancto Graal. A obra reivindica simbolismos como o cáliz, a estrela, o corno e os montes sacros de Galicia, imbuíndoos dun realismo máxico que caracteriza a creatividade daquela época. Felipe-Senén López Gómez realizou un minucioso estudo, transcrición e notas dos textos orixinais de Risco para esta edición.

Vicente Risco
Vicente Risco | Fonte: Fundación Vicente Risco

O vindeiro venres 7 de xuño, ás 20 horas, a sede da Fundación Vicente Risco en Allariz será o escenario da presentación do libro "Doutrina e Ritual da Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal. A Estrela do Apóstolo", unha obra do recoñecido autor galego Vicente Risco. No evento, participarán Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco, e Felipe-Senén López Gómez, arqueólogo e responsable da edición, estudo e notas desta nova publicación.

En 1914, Vicente Risco asistiu en Madrid á representación de Parsifal de Wagner, unha obra cargada de inspiración celto-cristiá. Esta experiencia marcou profundamente a Risco e levouno a crear o borrador da Doutrina do Sancto Graal. A obra reivindica simbolismos como o cáliz, a estrela, o corno e os montes sacros de Galicia, imbuíndoos dun realismo máxico que caracteriza a creatividade daquela época. Felipe-Senén López Gómez realizou un minucioso estudo, transcrición e notas dos textos orixinais de Risco para esta edición.

EDICIÓN POR FELIPE-SENÉN

Celia Pereira Porto destacou a importancia deste evento e o labor de edición realizada por Felipe-Senén. "No acto preséntase unha nova edición que acaba de sacar Galaxia dos dous textos mencionados. Felipe-Senén fixo un gran labor de edición e contexto. É un traballo extenso e intenso, que se estivo desenvolvendo durante aproximadamente dous anos. O acto propiamente é para presentar o libro ao público xeral, como unha estrea, a primeira vez que se vai a falar del. É un libro que entra polos ollos, é un agasallo para aquelas persoas que aínda aman ter os libros en papel e non todo en formato electrónico. Ademais, está actualizado ao noso contexto actual", explicou Pereira Porto.

A presidenta da Fundación tamén subliñou o orgullo que supón rescatar e recoñecer o valor das obras culturais propias. "O libro é un orgullo, rescatar as nosas cousas, recoñecer o valor que teñen e dalas a coñecer. É fundamental compartir a nosa cultura e que non quede esquecida. Ás veces dámoslle moito valor ás obras que veñen de fóra e non nos fixamos nas que temos aquí. Non as valoramos, e iso é un erro. Debemos relacionarnos con outras culturas en posición de igualdade, coñecendo o valor real do noso, como facía a Xeración Nós", engadiu Pereira Porto.

Este evento non só é unha oportunidade para os amantes da literatura e a cultura galega de redescubrir unha obra fundamental, senón tamén unha chamada para valorar e difundir o patrimonio cultural propio. A presentación promete ser unha velada de gran interese para todos aqueles que buscan profundar nas raíces culturais de Galicia e apreciar o legado de Vicente Risco na súa xusta medida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A ver cando se fai un acto de desagravio con Vicente Risco ? E desaparecen dos libros de texto as referencias ao "nazismo" do autor... e a ver cando profes de lingua galega deixan de parolar sobre o racismo de Risco e confundir a súa concepción nacional de Galicia cos fornos crematorios do antisemitismo... Tratábase do mesmo racismo de Sabino Arana pero non vexo que ningún profe vasco fale pestes da Lei Vella en Euskadi...??? De feito Castelao no Sempre en Galicia fala como fala dos habitantes de Badaxoz pero non vemos destilar a mesma mala hostia que se bota contra Vicente Risco... O sectarismo da esquerda con Risco é de pura vergoña... Seica non se pode ser católico e galeguista a xuizo da UPG UPG UPG... Que vos pareceu o Debate da Señora de Romeva á que lle imos dar os votos galegos ? Vergoña !!!