Sempre escoitei que, cando se sinala a un grupo social, profesión ou colectivo, con ánimo de ridicularizalo, xeneralizar e incluír a todos baixo un mesmo nome resulta un tanto esaxerado e perigoso. Pois nin todos os cregos, por poñer un exemplo, son malas persoas ou outros calificativos; nin todos os políticos, nin todos os xuíces, son uns corruptos e malvados cidadáns.