Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 21:45
O primeiro anuncio en galego da historia está no aniversario. Esta curiosa efeméride corresponde á publicación dunha folla promocional de máquinas de coser Singer. Foi o 5 de novembro de 1876, cando en pleno Rexurdimento o semanario O Tío Marcos d'a Portela se converteu na primeira publicación monolingüe en lingua galega.
Desenvolta a cargo do poeta e xornalista Valentín Lamas Carvajal, O Tío Marcos serviríalle ó autor ourensán para publicar por entregas o primeiro best-seller en galego da historia: O Catecismo do Labrego. Case medio século despois, Vicente Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, entre outros, impulsarían a revista Nós, este ano de aniversario, onde os anuncios tamén ían publicados en lingua galega.
A efeméride foi lembrada en Twitter:
#TalDíaComaHoxe de 1876 publicabase o primeiro anuncio en lingua galega, era sobre as coñecidas máquinas de coser Singer e recollíase no Semanario O Tío Marcos da Portela, a mesma publicación na que naceu O catecismo do Labrego. pic.twitter.com/J3idx9dajJ
— Galiza Sempre (@galizasempre) November 5, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.