Só un positivo nun cribado de máis de 700 persoas da lonxa de Ribeira

Estaban chamados 1.400 persoas e só acudiron o 52,18%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou un positivo no cribado realizado este pasado mércores a persoal da lonxa da localidade coruñesa de Ribeira, ao que estaban convocadas máis de 1.400 persoas.

Segundo informou esta área sanitaria, este cribado convocado o pasado 14 de abril para traballadores da lonxa de Ribeira saldouse cun caso positivo e unha participación do 52,16 por cento.

Estas probas en Ribeira levaron a cabo na tarde do pasado mércores no edificio da lonxa a traballadores desta con 1.450 persoas convocadas por SMS.

Pola súa banda, o outro cribado realizado na mesma localidade de Ribeira entre o 14 e 15 de abril en centro de saúde do municipio, con test de antíxenos con 3.300 persoas de entre 60 e 70 anos citadas por SMS, tivo un 68,6 por cento de participación e concluíu sen positivos.

NOVOS CRIBADOS

A área compostelá ten previsto, ademais, este venres, 16 de abril, un cribado no Centro de Saúde de Rois en horario de tarde con test de antíxenos con 900 persoas de entre 40 e 54 anos citadas por SMS.

Pola súa banda, entre este sábado día 17 e o domingo 18 de abril terá lugar no municipio coruñés de Cambre un cribado poboacional mediante test PCR aos veciños de entre 40 e 59 anos do Amorne.

Mentres, a área de Ourense convocou un cribado poboacional con PCR no municipio de Cualedro para o vindeiro luns, 19 de abril, no CEIP Vicente Risco, con 600 persoas convocadas de entre 18 e 74 anos.

Cribado realizado nun municipio
Cribado realizado nun municipio | Fonte: Concello de Abegondo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta