Evacuado en helicóptero un veciño de Moaña tras ser golpeado por un tronco mentres cortaba leña

Tamén un operario resultou ferido nunha perna sobre as 12.30 horas deste xoves cando cortaba unha árbore en Muros e o tronco lle caeu enriba.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/08/2024 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Un veciño de Moaña tivo que ser evacuado en helicóptero tras ser golpeado pola caída dun tronco mentres cortaba leña para o seu propio consumo. Segundo informou o 112, o accidente produciuse no mediodía deste xoves nunha propiedade situada no lugar de Paradela e foi un particular o que deu a voz de alarma.

A central de emerxencias pediu colaboración aos profesionais de Urxencias Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que acudiron a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar ao ferido. Ata o punto tamén se desprazaron os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas e a Policía Local de Moaña.

OUTROS SUCESOS

Por outra banda, un operario resultou ferido nunha perna sobre as 12.30 horas deste xoves cando cortaba unha árbore en Muros e o tronco lle caeu enriba. Noutra orde de cousas, nunha granxa do Rial, en Allariz, unha persoa tivo que ser evacuada polas lesións provocadas durante o manexo dunha motoserra.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta