Avelino González e Miguel de Lira, protagonistas no peche do Festival RIR

O certame internacional de curtametraxes de comedia, que transcorre en Allariz do 1 ao 7 de setembro, rematará cunha gala na que se entregan os diferentes premios.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 06/09/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O VII Festival RIR está enchendo Allariz de contidos de humor esta semana, con especial protagonismo para as 35 curtametraxes a concurso chegadas en gran parte de España, pero tamén de Galicia, Bélxica e Francia.

Miguel de Lira. Montaxe imaxe Festival RIR.
Miguel de Lira. Montaxe imaxe Festival RIR.

Ademais do anterior, o programa contempla presentacións, coloquios, teatro infantil e a gravación dun podcast en directo. Este último contido, “Bueno Carallo Bueno” será o 6 de setembro ás 19:00 h. da man do humorista Alberte Montes, e o politólogo Silvio Falcón.

O certame contempla catro bloques de curtametraxes de comedia e un bloque específico de curtametraxes documentais –Docu-Mocku--. As obras duran entre 4 e 15 minutos, e cada bloque ten unha duración total de 75 minutos, sendo a Casa da Cultura o lugar onde se proxectan.

De cara á recta final do festival anotar, entre outras, estas actividades paralelas: o coloquio ‘La comedia de guerrilla’ o venres 6 de setembro ás 20:00 h. despois da gravación en directo do podcast ‘Bueno Carallo Bueno’; a presentación do libro ‘Memorias de un cinéfilo sarnoso’ de Gerardo Sánchez --director de ‘Días de cine’ de TVE-- o sábado 7 ás 12:00 h. no Espazo BenComún; e as estreas das webseries ‘Pulp Air’ e ‘Poscoito’, dos galegos Anita Pico e Héctor Rodríguez respectivamente –sábado 7 ás 17:00 h.--.

A organización corre a cargo da Asociación Cultural Luarada, está producido por Zinemusik e Escena Sonora e colaboran no desenvolvemento do mesmo o Concello de Allariz e a Deputación de Ourense.

Decoración do Festival RIR. Foto: Organización.
Decoración do Festival RIR. Foto: Organización.

O programa ao detalle e completo está na páxina web do Festival RIR.

GALA DE CLAUSURA

Será na Casa da Cultura o sábado 7 ás 20:30 h. e contará con Avelino González como presentador. No transcurso da mesma, farase a entrega dos premios ás mellores curtametraxes desta 7ª edición e o ‘Premio RIR Contigo’ ao actor Miguel de Lira como recoñecemento á súa traxectoria profesional dedicada á comedia. En edicións pasadas foron premiados Carlos Blanco, Luis Davila, Xosé A. Touriñán, Isabel Risco ou Manquiña.

A gala será retransmitida en directo a través da canle de YouTube.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta