25 aniversario do 'Ecoespazo do Rexo' en Allariz

A emblemática obra do artista Agustín Ibarrola, falecido o pasado ano, inaugurouse na noite de San Xoán do 1999.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 25/07/2024 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

O vindeiro 27 de xullo o Concello de Allariz prepara unha serie de actividades para conmemorar o 25 aniversario do Ecoespazo do Rexo. Servirán para convidar a participar a veciños e visitantes no redescubrimento deste espazo único e celebrar todos xuntos o seu legado artístico e ambiental.

Presentación das actividades do 25 aniversario do 'Ecoespazo do Rexo'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación das actividades do 25 aniversario do 'Ecoespazo do Rexo'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

No que respecta, pois, a esas actividades programadas, ás 19 e 19.45 h. haberá visitas teatralizadas nas que os asistentes poderan gozar dunha pequena visita ao ecoespazo cunha perspectiva dinámica que resaltará a historia, o significado e a visión do seu creador, Agustin Ibarrola.

Ás 20.30 horas presentarase unha pequena exposición dedicada ao ecoespazo, á súa creación e evolución ao longo destes 25 anos.

A xornada rematará cunha cea moi especial, con menú de proximidade co queixo, cordeiro do Rexo e productos da Reserva da Biosfera coma protagonistas. Ademais, estará amenizada con música en vivo e creando un ambiente festivo e acolledor para todos e todas.

Para facilitar a asistencia á xente interesada haberá un servizo de autobuses a disposición dende a estación de bus de Allariz ata o ecoespazo.

Na presentación da iniciativa, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, resaltaba que "esta celebración non só conmemora un cuarto de seculo do ecoespazo do Rexo, senón que tamén suliña a importancia da conservación da contorna e o valor do arte, exercendo de recurso e xerando actividade para todo a comarca". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta