Arte de Man, unha cita coa artesanía en Allariz

O mercado reunirá a 20 creadoras e creadores de Allariz e do resto de Galicia o vindeiro domingo 8 de setembro.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 04/09/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Mercado de Artesanía "Arte de Man" reunirá a destacadas persoas artesás e creadoras de Allariz e do resto de Galicia na Zona Santo Estevo. Dende as 11:00 ata as 20:00 horas, quen asista poderá gozar dunha xornada dedicada á creatividade e á arte manual.

Río Mao Estudio Creativo. Foto: XMF
Río Mao Estudio Creativo. Foto: XMF

O mercado contará coa asistencia de: A.N.D.R.E.A, Mor Talla, Paulinha Dárzoa, Zeltia Ao Aire, Upside Down, Magari Clay, Olería de Batán, Minha Naicinha, 3D Impresión, Xabier Varela, Luis Pachón, Artesanía Nómada, Estudo Aldea, Xogo de Fíos, Beatriz Fraga-Cestería, Enxógate, Rio Mao Estudio Creativo, Eugenio Soto-Vidreiro, Museo do Coiro e Berce do Lume. Cada participante ofrecerá produtos únicos e feitos a man, mostrando a rica tradición artesanal tanto da localidade como de diferentes recunchos de Galicia.

OBRADOIROS E ANIMACIÓN MUSICAL

Ademais da exposición e venda de produtos artesanais, o evento ofrecerá dous obradoiros gratuítos abertos a todas as persoas a partir de 6 anos, priorizando sempre ás persoas menores de idade.

Ás 12:00 horas, Rio Mao Estudio levará a cabo un obradoiro de creación de pulseiras, e ás 17:00 horas, Xaime González dirixirá un obradoiro de estampaxe de bolsas de tea. Estes obradoiros non requiren reserva previa, pero teñen capacidade limitada, polo que se recomenda chegar cedo para asegurar un lugar.

A xornada tamén contará con animación musical en vivo de 17:00 a 19:00 horas, a cargo de Pirata Sen Parche.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta