Que non repara en falar, cala cando ten que demostrar

“...pois entran eiqui uns poucos, é certo, con boa estrela, pro, os mais can estrelados... ¡e non ll'ai que facer!...” Nan de Allariz

Por Fermín Paz | As Pontes | 02/03/2024

Comparte esta noticia
O Alcalde do meu pobo é un pillabán e moita veciñanza de As Pontes xa no lle dá creto, como proba a perda de confianza que vai perdendo pouco a pouco. Leva feito tantas promesas no tempo pasado que agora quere poñer un novo horizonte para  frear o desgaste. Os incumprimentos xa non permiten manter a súa coartada baseada en grandes proxectos industriais que seguen sen concretarse. Non repara en gastar cartos en publicidade do que se vai facer en As Pontes e logo cando o dito deixa de cumprirse, cala e  de súpeto volve a facer fume. A realidade é que está a defender unha demolición de acordo con Endesa. Iso si, as agachadas e facendo unha mestura intencionada entre o que está acontecendo e algún dos seus desexos para poder seguir no poleiro.
 
O que  debía facerse e non se fixo hai que esquecelo. O seu "paraíso imaxinario", agora comeza de novo no 2024, iso si, con condicións: as tramitacións administrativas, permisos, etc..., teñen que facerse a fume de carozo e o panorama internacional non debera escarallase máis do que está. A demolición real que está a consentir vai ser o punto de partida para unha industrialización coherente grazas ao noso "atractivo territorial e onde as empresas que veñan deben ter implicación co territorio e compromiso para xerar emprego local". 
 
O Alcalde ten avariado o freo da prudencia e a bomba de achique das promesas falsas. Esquece adrede os 1400 MW que tiña As Pontes, un nó con dita capacidade de evacuación, para que calquera proxecto industrial a instalarse no territorio tivera unha vinculación condicionada á súa implantación e coas garantías previas necesarias. Non  quixo  defender dita formula garantista diante do Goberno de Sánchez, senón que  calou e  se conforma agora coas migallas dos seus xefes de partido, iso si, faltoulle tempo para presentala como unha consecución novidosa na campaña das eleccións galegas do 18 de febreiro. Unha vez máis, entreguismo e obediencia debida a un roubo.
 
Hai tempo que a cousa do voto ao socialismo do PSOE está a minguar en As Pontes e moitos dos votos que tiña prestados, tanto do PP e algúns mais, parece que cansaron de apoialo e están a deixalo co "cu o aire". O carto das subvencións e a publicidade pagada non son quen de deter ou frear o seu afundimento persoal e da compañía que termou del. A Presidencia da Deputación de A Coruña, a Secretaría Xeral do PSOE na Galiza e a Alcaldía Delegada dende hai ben tempo, son o seus activos cos que pretenderá facer crible o seu balance, iso si, tratando de agochar todo o pasivo e o deficitario no que está a facer. Cada unha destas tres responsabilidades acumuladas permitíronlle "xogar" cunha cantidade de recursos económicos e políticos  para aparentar ser un bo xestor da cousa pública. Mais as neboeiras foron pouco a pouco despexando e deixando ao descuberto a realidade. A Central Térmica deixou de fumear, mais decatámonos, unha vez mais, que o home que presume no fai mas que fume.
Rematarei cun pequeno relatorio de varias das súas promesas:
 
Ano 2011. Visita do ministro Miguel Sebastián, na que anuncia a entrada de As Pontes no seguinte Plan Miner, o Alcalde dixo na prensa “esto es la leche”. As Pontes non entrou no Plan Miner, mais nunca tivo a necesidade de dar ningunha explicación. E o sorprendente é que antes de chegar el a Alcalde, As Pontes si entraba nos anteriores Plan Miner.
 
Ano 2014. O Alcalde en declaracións de prensa, “As Pontes será la reserva industrial de Ferrolterra”, a realidade é que hoxe é a zona cero do declive industrial na Galiza.
 
Ano 2017. O Alcalde tamén na prensa, “El pueblo ha dado un estirón”, dende que el goberna a poboación baixou en máis de 1.500 habitantes, de feito xa temos menos de 10.000 habitantes.
Ano 2023. De novo na prensa, o Alcalde afirma que “dentro de 15 o 20 años, seremos una ciudad”. Un investigador universitario, coautor dun estudo sobre zonas de descarbonización, vén de informar que As Pontes manterá a perda constante de poboación.
 
Sobre a Residencia Xeriátrica non podemos falar dun só ano, pois prometeuna en todas as eleccións municipais, no 2011, no 2015, no 2019 e no 2023; no 2015 dixo na prensa que “a Residencia está en marcha”, en fin.
 
Pero ao Alcalde das Pontes todo isto dálle igual, el seguirá vivindo de facer promesas.

O actual secretario provincial do PSOE da Coruña e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a presentación da súa candidatura ás primarias do PSdeG, a 30 de setembro de 2021, nas Pontes, A Coruña, G. Mero Barral - Europa Press - Arquivo
O actual secretario provincial do PSOE da Coruña e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a presentación da súa candidatura ás primarias do PSdeG, a 30 de setembro de 2021, nas Pontes, A Coruña, G. Mero Barral - Europa Press - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.