Por Galicia Confidencial | Allariz | 17/07/2024 | Actualizada ás 09:30
O Festival Abanea 2024 achegará, a danza a 5 concellos das 4 provincias galegas: Foz (Lugo), Outes (A Coruña), Ames (A Coruña), Marín (Pontevedra) e Allariz (Ourense).
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa, da que será a 3ª edición, na Cidade da Cultura xunto a unha das directoras do festival, Marta Alonso Tejada, e representantes institucionais dos concellos implicados.
Ademais, puxo en valor a expansión deste festival coa incorporación este ano dos concellos de Ames e Marín, continuando así co seu compromiso de descentralizar a súa proposta e de levar as artes do movemento a novos públicos, en liña coa estratexia definida no Plan Integral para a Danza de Galicia.
En total, o programa deste ano inclúe 16 funcións realizadas por 10 compañías de danza procedentes de Euskadi, Cataluña, Andalucía, Galicia, Madrid, Portugal e México. Ademais, haberá 18 actividades de mediación dirixidas por recoñecidos profesionais como Alejandra Balboa, Paula Quintas, Carlota Mosquera e Marta Alonso Tejada.
ABANEA, FESTIVAL DE DANZA E MOVEMENTO
Abanea é un festival de danza e movemento itinerante. Está impulsado dende a asociación IS-MO Cultura e destaca por levar a danza a vilas medianas e pequenas espalladas por todo o territorio galego, promovendo a arte e a cultura a diferentes espazos.
Naceu en 2022 avalado pola traxectoria individual das integrantes do seu equipo, foi proposto por Marta Alonso e Paula Quintas, e impulsado na súa orixe e concepto por Manu Lago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.